España
Preséntase 'Xálima', un documental sobre a lingua do val do río Ellas

O documental Xálima, dirixido por Henrique Sanfiz, mostra a realidade lingüística dos tres concellos estremeños do val do río Ellas onde se usa a fala, unha variedade do galego, segundo a tese máis aceptada polos lingüístas.
Fonte: Nós Diario
As universidades de Cataluña, Comunidade Valenciana e Baleares reciben preto de 90 queixas por discriminación lingüística
A campaña 'La universitat, en català!'' recibiu 88 queixas por discriminacións lingüísticas na universidade no curso 2022-2023, a maioría en Cataluña.
Fonte: El Nacional
Amurrio actualiza o seu mapa do éuscaro, unha ferramenta que identifica os establecementos euscaldúns
Cada seis meses, o Concello de Amurrio actualiza o denominado Mapa do Ésucaro, unha ferramenta creada en 2019 que permite identificar establecementos e persoas do municipio que utilizan o éuscaro.
Fonte: Noticias de Álava
O Goberno catalán sitúa a política lingüística como un dos eixes prioritarios dos orzamentos de cultura para o ano 2024
O catalán e a política lingüística situaranse como eixes prioritarios dos orzamentos de cultura para 2024, como se demostra en iniciativas como o Pacto Nacional pola Lingua.
Fonte: El Periódico
A Xunta de Galicia propón oficializar unha toponimia bilingüe castelán-galego en municipios do Bierzo
O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia propón oficializar unha toponimia bilingüe que afectaría a nomes como Villafranca del Bierzo-Vilafranca do Bierzo.
Fonte: León Noticias
A Universidade da Rioxa presenta a súa oferta de ensino de linguas para o novo curso académico
A Casa das Linguas da Universidade da Rioxa anunciou a súa oferta en linguas estranxeiras para o novo curso 2023-2024. Esta inclúe cursos de inglés, francés, italiano e alemán entre outros.
Fonte: Universidade de La Rioja
Preséntase o filme "Detectiu Conan: Black Iron Submarine" en catalán
O filme Detectiu Conan: Black Iron Submarine estréase en 35 salas de toda Cataluña na súa versión dobrada e en versión orixinal subtitulada en catalán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O éuscaro aséntase como a segunda lingua máis demandada na Escola de Idiomas de Miranda
As demandas laborais do País Vasco está levando a moitas persoas de Miranda a estudar o éuscaro. Por este motivo, a lingua vasca estase a asentar como o segundo idioma máis demandado da Escola de Idiomas desta localidade burgalesa.
Fonte: Diario de Burgos
O comercio de Guipúscoa é o que máis usa o éuscaro no País Vasco

O Barómetro do Comercio 2022 revelou que o comercio da provincia de Guipúscoa é o máis experimentado e o que máis emprega a lingua vernácula en todo o País Vasco.
Fonte: El Diario Vasco
O XVII Premio Internacional de Poesía Cidade de Pamplona xa ten gañadores
Os poetas Imanol Ulacia Aramendi e Iban Garro Alzuri son os gañadores, en castelán e éuscaro respectivamente, do XVII Premio Internacional de Poesía Cidade de Pamplona, organizado polo Concello de Pamplona/Iruña.
Fonte: Ayuntamiento de Pamplona
Boletín
Subscríbase ao boletín