España
Duplícanse nos últimos anos as obras traducidas ao asturiano e ao galego de Asturias
Nos últimos catro anos, duplicáronse as obras traducidas ao asturiano e ao galego de Asturias. Do 2019 ao 2022 publicáronse un todal de 58 traducións fronte ás 31 dos catro anos anteriores.
Fonte: RTPA
O programa de parellas lingüísticas da Generalitat de Cataluña fai 20 anos

O programa de parellas lingüísticas “Voluntariat per la Llengua” da Generalitat de Cataluña, xestionado polo Consorcio pola Normalización Lingüística, conmemora vinte anos de existencia.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Constitucional suprime o uso prioritario do éuscaro nos concellos
O Tribunal Constitucional non admite que os concellos vascos dean maior prioridade ao éuscaro na xestión administrativa.
Fonte: El Diario Vasco
Un proxecto universitario de intelixencia artificial pretende traducir as linguas con menos falantes

O proxecto de tradución automática neuronal para as linguas románicas da península ibérica (TAN-IBE), no que traballan varias universidades, pretende aproveitar a intelixencia artificial para desenvolver mecanismos de tradución a linguas con menos recursos como o aragonés, aranés e asturiano, por exemplo.
Fonte: Galicia Confidencial
O 67 % da poboación estranxeira que vive en Cataluña sabe falar catalán

Segundo a “Estatística de características esenciais da poboación e vivendas. Linguas. 2021", elaborada polo Instituto de Estatística de Cataluña (Idescat), o 67,5 % da poboación estranxeira que habita en Cataluña sabe falar catalán; o 72,9 % sábeo ler; e o 57 %, escribir.
Fonte: La Vanguardia
Publícase un novo dicionario en liña con palabras esenciais do catalán

O Instituto de Estudos Cataláns publicou en liña o Diccionari essencial de la llengua catalana (DEIEC), unha ferramenta que conta con 39 300 palabras e que ofrece orientacións sobre a forma de usar as palabras, así como exemplos e combinacións léxicas que poden resultar de utilidade.
Fonte: La Vanguardia
Apróbase o modelo para os novos plans estratéxicos de normalización do uso do éuscaro
O Goberno vasco aprobou o modelo que se debe seguir en todos os departamentos e organismos autónomos para o novo período de planificación para a normalización do uso do éuscaro.
Fonte: Gobierno Vasco
TV3 e Catalunya Ràdio confluirán nunha nova marca para potenciar os contidos en catalán
TV3 e Catalunya Ràdio fusionaranse na marca 3Cat coa que buscan potenciar os contidos en catalán e mellorar a súa competitividade no actual contexto dixital.
Fonte: El Nacional
HBO Max incorpora máis de cen títulos en lingua catalá
Grazas ao traballo conxunto entre o Departamento de Cultura e a Corporación Catalá de Medios Audiovisuais (CCMA), nun mes a plataforma HBO Max pasou de ter menos do 0,1 % do seu catálogo en catalán, a ofrecer preto do 7 % de contido nesta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Hospital de la Santa Creu i Sant Pau acolle unha exposición para fomentar o uso do catalán no ámbito sanitario
Este hospital barcelonés inaugurou unha exposición que, baixo o título ‘Quan parles fas màgia’, ten como obxectivo fomentar o uso do catalán entre os profesionais do ámbito sanitario.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín