España
A Casa de Galicia en Madrid acolle cursos de lingua e cultura galega
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou no acto de inauguración da II edición dos cursos de lingua e cultura galega que organizan a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e a Secretaría Xeral de Presidencia en colaboración coa Casa de Galicia, e que consta de 70 horas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A empresa catalá Fent País recibe o Recoñecemento á Calidade Lingüística Empresarial
A empresa FentPaís recibiu este galardón que ten como obxectivo impulsar o uso do catalán no ámbito empresarial como ferramenta de mellora cualitativa.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno Navarra recibe preto de 94 000 euros para a promoción de obras audiovisuais en éuscaro
O Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais e o Goberno de Navarra subscribiron un convenio para o fomento da produción, distribución, exhibición e promoción da industria cinematográfica e audiovisual en éuscaro no ano 2023.
Fonte: Audiovisual451
Comeza en Donostia o "escape room" itinerante da campaña de promoción do éuscaro Euskaraz barra-barra

O escape room itinerante, que percorrerá trece localidades vascas, ten como obxectivo impulsar a campaña Euskaraz barra-barra, que busca identificar espazos para falar en éuscaro nos ámbitos do comercio e a hostalería, e promover a activación social.
Fonte: Gobierno Vasco
Demándanlle á Deputación de León que lle ceda ao Consello Comarcal a promoción do galego no Bierzo
O colectivo Fala Ceibe do Bierzo solicita a delegación parcial para o Consello Comarcal da materia cultural no relativo á defensa e á promoción do galego nesta comarca, ante o temor de que se ignore o apoio institucional a esta lingua.
Fonte: Diario de León
Os concellos vascos de Llodio e Amurrio organizan campañas de promoción do uso do éuscaro
Amurrio organiza a campaña «Eman Aurpegia Euskararen alde» para fomentar a identificación das persoas que falan éuscaro. Pola súa banda, Llodio repartiu 2500 dicionarios nesta lingua entre establecementos comerciais e hostaleiros para que repartan entre a clientela.
Fonte: El Correo
O Parlamento de Cataluña reclama que o catalán sexa lingua vehicular en todos os centros educativos
O Parlamento aprobou unha moción en favor do modelo de inmersión lingüística da escola catalá e instou o Goberno de Cataluña a garantir que o catalán sexa lingua vehicular en todos os centros educativos, sen excepcións.
Fonte: El Periódico
Candás acollerá a segunda edición do Reguerada Fest, o festival da cultura en asturiano
O programa do Reguerada Fest, o festival para a promoción da cultura e o emprendemento en asturiano, inclúe máis de 30 actividades gratuítas, todas co asturiano como lingua vehicular.
Fonte: Nortes
Unha mostra percorre as áreas lingüísticas de Aragón
A exposición “Áreas lingüística de Aragón y del aragonés”, inaugurada co gallo do inicio do Diploma de Filoloxía Aragonesa, mostra 58 mapas lingüísticos na Facultade de Educación.
Fonte: Diario del Alto Aragón
O Goberno balear anuncia un plan de formación para mellorar o dominio do catalán entre o persoal sanitario
Será a través do Instituto de Estudos Baleáricos, que se encargará de poñer en marcha un plan formativo para que o persoal sanitario mellore o seu coñecemento da lingua catalá.
Fonte: Mallorca Diario
Boletín
Subscríbase ao boletín