España

Cinco axencias de desenvolvemento do País Vasco poñen en marcha proxectos piloto para implementar o éuscaro como variable competitiva

Barakaldo acolleu a presentación da iniciativa ‘Hizkuntzak kudeatzen’, no marco da que se levarán a cabos proxectos piloto para implementar o éuscaro como unha variable competitiva nas empresas.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

O catalán recupera visibilidade nos resultados de busca de Google

Grazas á actualización do seu algoritmo, o catalán recupera a visibilidade nos resultados de busca de Google, o que duplicou a presenza desta lingua nos primeiros resultados.  

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Estréase unha nova colección dedicada ao ensino do galego-asturiano

A Academia da Lingua Asturiana publicou o manual de 1.º da ESO Segundas foyas co que estrea unha nova colección dedicada ao ensino do galego-asturiano.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

Un deputado de Sumar empregará a lingua asturiana no Congreso

O deputado de Sumar por Asturias, Rafa Cofiño, asegurou que o asturiano tamén se empregará no Congreso dos Deputados tras afirmar que se expresará nesta lingua nalgunha das súas intervencións.

Fonte: Europapress

Asturias

Un proxecto potenciará o éuscaro nas empresas de Barakaldo

A axencia de desenvolvemento de Barakaldo quere sumarse ao proxecto do Goberno vasco Hizkuntzak kudeatzen que pretende potenciar o uso do éuscaro polas empresas para aumentar a súa competitividade.

Fonte: El Correo

País Vasco

O Consorcio para a Normalización Lingüística organiza máis de 1300 cursos de catalán do primeiro trimestre do curso 2023-2024

O CPNL ofrece máis de 1300 cursos, tanto para aprender como para perfeccionar o catalán, e máis de 29 220 prazas en modalidades presencial e en liña.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Rexístrase a proposta que permitirá usar o galego, o catalán e o éuscaro no Congreso

Varias formacións políticas rexistraron unha proposición de lei de reforma do Regulamento do Congreso para poder usar o galego, o catalán e o éuscaro en todos os debates da Cámara Baixa e na presentación de iniciativas.

Fonte: Público

Xeral

Movistar Plus+ incrementa os seus contidos en éuscaro

Grazas á colaboración de EITB con Movistar Plus+, esta plataforma reforzou a súa oferta de contidos en éuscaro, que xa alcanza as 275 horas.

Fonte: Noticias de Navarra

País Vasco

O Instituto de Estudos Baleáricos asume as competencias en política lingüística

O Goberno balear modificou os estatutos do Instituto de Estudos Baleáricos para que este asuma as competencias en política lingüística dentro da Consellería de Turismo, Cultura e Deportes.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

Unha delegación de seis eurodeputados visitará Cataluña para examinar o modelo de inmersión lingüística

Seis europarlamentarios visitarán Cataluña o vindeiro mes de decembro para coñecer o modelo de inmersión lingüística nas escolas catalás co obxectivo de recompilar información sobre este tema a raíz da denuncia presentada en 2017 pola AEB.

Fonte: Última Hora

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder