España

Netflix emitirá catro tempadas de “Avatar, a lenda de Korra” en catalán

Coa incorporación desta serie, xa son 38 os títulos que Netflix ofrece en lingua catalá, grazas ao convenio entre o Goberno de Cataluña e a Corporación Catalá de Medios Audiovisuais (CCMA).

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Increméntase o coñecemento do éuscaro en Vitoria

Nos últimos anos incrementouse o coñecemento do éuscaro na capital vasca, segundo mostran os datos facilitados polo Concello de Vitoria relativos ao ano 2021. Así, case o 30 % da súa poboación é euscalduna (7,4 puntos máis que en 2011); o 16,3 % entende esta lingua aínda que non a fala; e o 54,8 % é castelanfalante.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

As cooperativas de Mondragón impulsan a elaboración de plans de éuscaro

Os membros de Euskaragileak animan a outras empresas a pór en marcha plans de éuscaro adaptados ás súas características e necesidades, para o que elaboraron un documento informativo que divulgarán polas empresas.

Fonte: TU Lankide

País Vasco

O Concello de Amorebieta-Etxano pon en marcha un proxecto para aprender éuscaro a través de cancións vascas

O proxecto Kantakatilu, que se porá en marcha a partir de outubro, consiste na práctica do éuscaro a partir de cancións vascas, co obxectivo de practicar esta lingua e crear redes entre euscaldúns.

Fonte: Ayuntamiento de Amorebieta-Etxano

País Vasco

O Concello de Samaniego convoca axudas para o estudo do éuscaro

Para poder beneficiarse destas axudas, cómpre levar empadroado/a no municipio, polo menos, un ano; ter máis de 16 anos e estar matriculado/a nun centro de ensino de éuscaro.

Fonte: Gaztea

País Vasco

O Concello do Condado de Treviño estuda adiantar a idade de estudo do éuscaro

A edil responsable de Educación, Éuscaro, Benestar Social e Igualdade intentará no futuro que a Junta de Castela e León permita a aprendizaxe do éuscaro antes de sexto de primaria para evitar a marcha de alumnado ao País Vasco.

Fonte: Diario de Burgos

Castela e León

O galego, o catalán e o éuscaro poderán utilizarse no Congreso

A presidenta do Congreso anunciou, durante o seu primeiro discurso, que permitirá o uso do galego, o catalán e o éuscaro na Cámara Baixa.

Fonte: Deia

Xeral

O Consorcio pola Normalización Lingüística organiza novos cursos de catalán

As persoas que non foron alumnas do Consorcio pola Normalización Lingüística no último ano teñen que facer unha proba de nivel. A solicitude desta, así como o trámite de inscrición, pode facerse en liña ou presencialmente.

Fonte: Ajuntament de Barcelona

Cataluña

Incrementar a lectura en catalán é o gran reto do sector editorial de Cataluña

O sector editorial de Cataluña confía en que o Plan nacional do libro e a lectura axude a conseguir o obxectivo de aumentar o número de lectoras e lectores en catalán.

Fonte: El Nacional

Cataluña

Convócanse axudas a proxectos de innovación e dixitalización de medios de comunicación en éuscaro

Euskarabidea-Instituto Navarro do Éuscaro convocou axudas a proxectos de innovación e dixitalización de medios de comunicación éuscaro, unha convocatoria cuxa dotación é de 246 500 euros e que ten como obxectivo facilitar a evolución tecnolóxica e a transformación dixital.

Fonte: Gobierno de Navarra

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder