España

O Instituto Cervantes e o Instituto Leonés de Cultura asinan un protocolo para difundir a literatura, a lingüística e a creación

Ambas as entidades subscribiron un protocolo xeral de actuación para a promoción do coñecemento histórico, bibliográfico, artístico, documental ou literario das comarcas leonesas.

Fonte: Info Radio Montaña Leonesa

Castela e León

O Goberno vasco convoca as axudas para o desenvolvemento de proxectos lingüísticos de centro

O Consello de Goberno aprobou a Orde pola que se convocan subvencións destinadas a centros concertados que imparten segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato que realicen proxectos lingüísticos plurilingües de centro durante o curso 2023-2024.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

Piden a incorporación do galego ao IES Fuentesnuevas de Ponferrada

As anpas dos centros públicos de Educación Primaria de Camponaraya, Fuentesnuevas e Cuatrovientos denuncian a falta de continuidade do programa de Lingua Galega no centro educativo de secundaria ao que están adscritos, o IES Fuentesnuevas.

Fonte: Diario de León

Castela e León

Fala Ceibe reclama a creación dun servizo lingüístico no Consello Comarcal do Bierzo para promocionar o uso administrativo do galego

O obxectivo do colectivo cultural é conseguir que a propia institución comarcal poida asesorar os concellos e as xuntas veciñais para protexer a singularidade cultural e lingüística do galego. Tamén propón a sinatura dun protocolo de colaboración coa Xunta de Galicia para a implantación deste servizo.

Fonte: Diario de León

Castela e León

O Concello de Pamplona fomenta a participación en cursos de aprendizaxe e perfeccionamento do éuscaro

As persoas maiores de 16 anos que estean empadroadas na cidade poderán recibir axudas económicas para a realización de cursos de éuscaro en dous períodos (entre outubro de 2022 e xuño de 2023 e durante o verán) e en diferentes centros autorizados.

Fonte: Ayuntamiento de Pamplona

Navarra

A Universidade do País Vasco publica unha gramática en liña centrada en describir a lingua vasca

Euskal Gramatika: Egiturak eta Osagaiak (Gramática vasca: estrutura e compoñentes) está dedicada, principalmente, á descrición do idioma, aínda que trata tamén problemas teóricos.

Fonte: Deia

País Vasco

Segundo unha enquisa, o 76 % da poboación dos municipios vascos utiliza o éuscaro

Os datos desta enquisa mostran que o 76 % da poboación maior de 16 anos é euscaldún e o 8 % é quen de entender o éuscaro, pero carece de coñecementos suficientes para falalo.

Fonte: EITB

País Vasco

Un grupo de expertos no ensino do galés visita Cataluña para coñecer o Voluntariado pola Lingua

Un grupo do National Center for Learning Welsh visita Cataluña para coñecer as boas prácticas do Voluntariado pola Lingua (VxL) e profundar na súa organización e desenvolvemento.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Concello de Andoain convoca subvencións para impulsar o uso do éuscaro

O Concello de Andoain destinará 9500 euros a cinco novas axudas destinadas a estudantes, empresas, comercios e entidades do municipio.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

A plataforma de audiolibros Audible incrementa o seu catálogo en catalán un 20 %

A plataforma de audiolibros Audible presentou o seu novo catálogo en catalán que inclúe case unha trintena de títulos das principais editoriais de Cataluña.

Fonte: Wwwhat's New

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder