España

O Consell de Mallorca subvenciona por primeira vez os festivais de música en catalán

A Dirección Insular de Política de Lingüística destinará unha partida de 80 000 euros aos festivais de música en catalán celebrados entre o 1 de outubro de 2022 e o 30 de setembro de 2023.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

Unha iniciativa busca promover o uso das linguas de Estremadura nos diferentes proxectos Wikimedia

O Órgano de Seguimento e Coordinación do Estremeño e a súa Cultura e Wikimedia España asinaron un convenio de colaboración para fomentar o uso das linguas de Estremadura nos proxectos Wikimedia.

Fonte: Región Digital

Estremadura

O Principado de Asturias asina un convenio coa UOC para impulsar un motor de tradución neuronal en asturiano

O Principado de Asturias e a Fundación Universidade Oberta de Cataluña colaborarán no desenvolvemento do tradutor automático neural ao abeiro do proxecto TAN-IBE que traballa en sistemas de tradución automática neuronal entre as linguas románicas da península ibérica.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

A plataforma musical Spotify incorpora o galego e o éuscaro

Spotify está dispoñible en once novas linguas, o que eleva o número total de idiomas a 74, entre as que se incorporan o galego e o éuscaro.  

Fonte: El Progreso

Xeral

A VII Enquisa Sociolingüística de Euskal Herria reflicte un escenario sociolingüístico dispar dos territorios onde se fala éuscaro

Esta enquisa amosa a situación actual do éuscaro no País Vasco, Navarra e Iparralde e reflicte unha imaxe moi desigual nestes tres territorios: estabilidade na Comunidade Autónoma Vasca, unha lixeira melloría na Comunidade Foral e un empeoramento paulatino no País Vasco francés.

Fonte: Noticias de Navarra

Xeral

As entidades relixiosas catalás recibirán unha sesión formativa sobre o Voluntariado pola lingua

O vindeiro 30 de maio terá lugar unha sesión formativa sobre o Voluntariado pola lingua dirixida especificamente a entidades relixiosas, na que se realizará unha presentación deste programa e se explicará o seu funcionamento e os materiais de soporte existentes.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Máis de 9500 persoas participaron en Mallorca nas actividades de dinamización do catalán

O Consell de Mallorca organizou desde febreiro de 2022 arredor de 1800 horas de actividades en diferentes espazos de toda a illa (prazas, escolas, rúas etc.) para fomentar o uso social do catalán nas que participaron máis de 9500 persoas.

Fonte: Crónica Balear

Illas Baleares

A creación dunha macrorrexión atlántica pode supoñer unha oportunidade para as linguas minoritarias

A Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia considera que a creación dunha macrorrexión atlántica debe aproveitarse para darlles visibilidade e revitalizar as linguas minorizadas como o galego, o asturiano, o éuscaro, o occitano ou o bretón.

Fonte: Deia

Xeral

A Universidade de Barcelona duplica o alumnado dos cursos iniciais de catalán

O número de estudantes de fóra de Cataluña que se matricularon nos cursos de nivel inicial de lingua catalá da Universidade de Barcelona pasou de 264 do curso 2021-22 aos 604 do actual.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Denuncian a precariedade do profesorado de asturiano

O sindicado SUATEA demanda melloras nas condicións de traballo do profesorado das materias de lingua asturiana e de galego-asturiano que, na maioría dos casos, traballa a media xornada.

Fonte: Nortes

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder