España

A canle 3/24 ofrece un novo espazo informativo en aranés para toda Cataluña

O novo programa diario, que permite aumentar os contidos televisivos informativos en aranés producidos pola Corporación Catalá de Medios Audiovisuais, emitirase con subtítulos para facilitar a aprendizaxe do aranés aos aprendices e facelo accesible ás persoas con dificultades auditivas.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Unha manifestación en Pamplona reclama a oficialidade do éuscaro en toda Navarra

Miles de persoas esixen que todos os navarros e navarras poidan empregar o éuscaro nunha manifestación de ambiente festivo, convocada pola plataforma Sorionekuak.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

A editorial Rubio presenta a súa colección de cadernos escolares en éuscaro para as vacacións

A colección “Oporrak Euskara”, de exercicios escolares para o verán en éuscaro, completa a oferta da editorial en todas as linguas cooficiais de España. Con estes cadernos, proponse tarefas de investigación, innovación e experimentación dirixidas ao alumnado do último curso de Educación Infantil ata 5.º de Primaria, para que poñan en práctica os seus coñecementos e se divirtan durante as vacacións.

Fonte: NIUS

Xeral

Un total de 92 entidades da Comunidade Foral de Navarra recibe axudas para a promoción do éuscaro

O Instituto Navarro do Éuscaro destina 915 000 euros para a concesión de axudas a 92 entidades locais, que desenvolverán programas de promoción do éuscaro no ámbito municipal, como, por exemplo, cursos de formación, concursos literarios, actividades que fomentan o uso oral ou estudos sociolingüísticos.

Fonte: Navarra.es

Navarra

O Goberno vasco aproba as subvencións para proxectos da convocatoria Euskalgintza, de promoción e difusión do éuscaro

O Consello de Goberno destina 1,7 millóns de euros aos proxectos de Euskalgintza, que buscan o fomento e a normalización do éuscaro. Ademais, este ano a convocatoria conta cunha nova modalidade de proxectos, que teñen como obxectivo a creación e difusión audiovisual.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

Ponse en marcha unha campaña para que Nintendo, PlayStation e Xbox incorporen o catalán nas súas videoconsolas

Plataforma per la Llengua puxo en marcha esta campaña para conseguir que as consolas e as plataformas dixitais de videoxogos incorporen o catalán na interface gráfica.

Fonte: El Nacional

Xeral

O asturiano incrementa a súa presenza nos informativos da televisión pública

A RTPA anunciou a incorporación gradual do asturiano nos informativos e o primeiro paso vai ser un resumo nesta lingua coas novas máis importantes da xornada na segunda edición de 'TPA Noticias'.

Fonte: Asturies.com

Asturias

O Goberno vasco premia as asociacións deportivas e as persoas que promoven a normalización do éuscaro no día a día

O Consello de Goberno crea o premio Kiroletik Bagoaz Euskaraz, que ten a súa orixe no Plan de Promoción do Éuscaro no Deporte 2021-2024, para recoñecer as asociacións e os particulares que traballan de forma sistemática para fomentar o uso do éuscaro no ámbito deportivo.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

Segundo un estudo, descenden as visitas en catalán en Google

Segundo un estudo realizado pola Alianza para a presenza dixital do catalán, as visitas en Google nesta lingua descenderon en dúas de cada tres páxinas web. Así mesmo, o 66,5 % dos sitios web en catalán reduciron a súa visibilidade respecto ao contido equivalente en castelán.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

A Xunta de Goberno Local de Vitoria-Gasteiz aproba un novo programa para promover o éuscaro no comercio, na hostalaría e no sector de servizos

Co fin de seguir avanzando nos obxectivos marcados no Plan de Acción para a Promoción do Éuscaro, Vitoria-Gasteiz aposta por priorizar o fomento do éuscaro nos sectores máis próximos á cidadanía e que teñen un grande impacto na vida social da cidade. Para conseguilo, conta cun orzamento de 50 000 euros e levará a cabo unha campaña de sensibilización que pretende responder ás necesidades e dificultades da promoción desta lingua.

Fonte: Ayuntamiento de Vitoria-Gasteiz

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder