España

O Concello de Azkoitia subvencionará o uso do éuscaro no comercio e na hostalería

Os establecementos comerciais e hostaleiros poderán solicitar subvencións para diferentes actuacións (web, publicidade, rótulos, bolsas, tarxetas etc.), así como pedir axuda para realizar traducións ou correccións de textos breves.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

O Parlamento balear aproba unha moción para que o catalán sexa a lingua de uso prioritario nas institucións

Esta moción insta o Goberno balear, entre outras cuestións, a darlle prioridade ao catalán, como lingua propia do arquipélago, nas institucións públicas.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

O Goberno de Cataluña anuncia as novas accións de promoción da lingua catalá

Con motivo do balance do seguimento das cen medidas de promoción do catalán, anunciáronse as novidades, que afectan aos ámbitos do videoxogo, cunha convocatoria de subvencións, e o audiovisual, coa celebración dunhas xornadas de recoñecemento ao sector, así como unha actualización do espazo de aprendizaxe Parla.cat.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Kontseilua convoca unha manifestación para protestar polas sentenzas xudiciais contra o éuscaro

Nos últimos tres anos producíronse varias sentenzas xudiciais contrarias a convocatorias públicas de emprego polas esixencias de éuscaro. Así mesmo, o Tribunal Constitucional anulou un artigo da Lei vasca de institucións locais no que se avoga polo uso preferente desta lingua na documentación dos concellos.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

A Generalitat Valenciana convoca cursos de valenciano para o seu persoal

Esta convocatoria de formación lingüística e técnica inclúe cursos de coñecementos de valenciano correspondentes aos niveis A2, B1, B2, C1 e C2, así como cursos de linguaxe administrativa.

Fonte: Generalitat Valenciana

Comunidade Valenciana

A Universidade de León realiza actuacións de protección e promoción do leonés

A Universidade de León recibirá unha subvención de 70 000 euros da Junta de Castela e León para financiar actuacións de protección, uso e promoción do leonés como patrimonio lingüístico da comunidade autónoma.

Fonte: iLeón

Castela e León

Denuncian a falta de profesorado de galego en tres institutos da comarca do Bierzo

O representante da Real Academia Galega para o Bierzo denunciou a falta de profesorado de galego nos centros Europa e Virgen de la Encina de Ponferrada, e o Bergidum Flavium de Cacabelos.  

Fonte: El Bierzo Digital

Castela e León

O Goberno vasco asina un convenio para impulsar as producións audiovisuais en éuscaro

Este convenio de colaboración asinado co Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais ten como obxectivo fomentar a produción, a distribución, a exhibición e a difusión da industria cinematográfica e audiovisual en éuscaro.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

Ponse en marcha unha nova edición da campaña «21 dies. D'entrada, en català» para fomentar o uso do catalán entre os falantes desta lingua

Esta campaña ten como obxectivo concienciar a poboación catalanfalante para que manteña, polo menos, 21 días o catalán e que utilice esta lingua en calquera conversa, independentemente da orixe do interlocutor.  

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Comeza en Navarra unha nova edición de «Sarean Euskaraz», a iniciativa de promoción do éuscaro nas novas tecnoloxías

Máis de 1400 estudantes de secundaria e bacharelato participan nos obradoiros da sétima edición desta iniciativa nos que se abordarán distintos aspectos da cultura dixital e o éuscaro.

Fonte: Gobierno de Navarra

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder