España
O Goberno vasco incrementa o orzamento para Política Lingüística en 3,6 millóns de euros para o vindeiro ano

O conselleiro de Cultura e Política Lingüística presentou o orzamento do seu departamento para o vindeiro ano, no que se potenciará o audiovisual en éuscaro e se ampliarán os programas de gratuidade para a aprendizaxe desta lingua.
Fonte: EiTB
Bermeo, Mundaka e Sukarrieta poñen en marcha unha iniciativa para fomentar o éuscaro nas empresas
Estes tres concellos son os responsables da iniciativa Eskueran, coa que buscan impulsar o uso do éuscaro nos establecementos comerciais e hostaleiros, así como nas medianas e grandes empresas dos tres municipios.
Fonte: El Correo
O Goberno vasco aprobará o novo plan de accións para a normalización do éuscaro antes de que finalice o ano
Neste novo período de planificación incidirase, principalmente, nas seguintes áreas: ámbito educativo; deporte, especialmente infantil e xuvenil; ámbito sociolaboral; e mundo dixital.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
A Fundación IKF concédelle o premio Bostekoa Saria ao adestrador de Osasuna polo seu uso do éuscaro
O primeiro premio Bostekoa Saria será para o adestrador de Osasuna, Jagoba Arrasate, pola súa defensa e uso do éuscaro, de quen se destaca que utiliza esta lingua nas roldas de prensa, celebracións e actividade diaria nos adestramentos.
Fonte: Noticias de Navarra
Bilbao actualizará o seu plan de éuscaro o vindeiro ano
Bilbao actualizará en 2024 o seu plan de normalización do uso do éuscaro para alcanzar unha Administración bilingüe; ampliará as axudas para a aprendizaxe desta lingua; desenvolverá novas campañas; e fortalecerá o grupo de tradutores e intérpretes.
Fonte: Deia
O colectivo romaní reivindica en Barcelona a súa lingua con motivo do seu día mundial
O 5 de novembro conmemórase o Día Mundial da Lingua Romaní co obxectivo de reivindicar este idioma como testemuño da existencia, da historia e da identidade deste pobo. Grupos de activistas traballan dende hai anos en Barcelona para lograr este obxectivo.
Fonte: La Vanguardia
Bilbao acolle unha manifestación para denunciar a ofensiva xudicial contra o éuscaro
Unha multitudinaria manifestación, convocada por Kontseilua, percorreu as rúas de Bilbao para denunciar varias sentenzas que anularon normativa dirixida a promover o éuscaro ou concursos públicos de emprego nos que se esixían coñecementos desta lingua.
Fonte: La Vanguardia
O Parlamento balear móstrase favorable ao fomento do catalán, pero non a que sexa un requisito
O Parlamento balear aprobou unha proposición que apoia o fomento do coñecemento e o uso do catalán, pero rexeita que sexa un requisito para acceder á Administración pública.
Fonte: Última Hora
A Generalitat de Cataluña organiza unhas xornadas para fomentar o catalán no ámbito relixioso
As xornadas Relig, que se desenvolven os días 7 e 8 de novembro, buscan impulsar o uso do catalán no ámbito relixioso como lingua de diálogo entre as relixións e como elemento de cohesión social.
Fonte: Siglo XXI
Só o 25 % do alumnado da ESO de Cataluña afirma que se identifica co catalán
Segundo un estudo, a porcentaxe do alumnado de cuarto de ESO que sinala o catalán como a súa lingua de identificación é do 25,4 %, once puntos menos que en 2006.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín