España

O Goberno de Navarra convoca axudas para a organización de actividades culturais en éuscaro nos centros educativos

Estas axudas, ás que se destinarán 30 000 euros, servirán para financiar actividades culturais en éuscaro fóra do horario lectivo nos centros de infantil, primaria e secundaria.

Fonte: Gobierno de Navarra

Navarra

O Goberno de Navarra organiza un amplo programa de actividades con motivo do Día Internacional do Éuscaro

O ciclo cultural en éuscaro Gora Gora Fest 2023 levará, entre o 3 de novembro e o 10 de decembro, a máis de medio cento de localidades navarras espectáculos de maxia, teatro, monólogos, obradoiros de reciclaxe de roupa e sesións de conto teatralizadas.

Fonte: Gobierno de Navarra

Navarra

Un estudo analiza o coñecemento do éuscaro da poboación estranxeira que reside no País Vasco

O informe Actitudes de la población de origen extranjero hacia el euskera, elaborado pola Fundación Begirune, conclúe que case un 85 % das persoas de orixe estranxeira non sabe nada de éuscaro; un 10 % ten nocións básicas; e un 5 % conta cun coñecemento medio ou alto desta lingua.   

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

Nace 3Cat, unha plataforma dixital gratuíta e en catalán

3Cat é unha nova plataforma dixital dos medios públicos que ofrecerá, de xeito gratuíto e en catalán, vídeo e audio a demanda, todos os directo de TV3 e Catràdio, e canles temáticas, así como un amplo catálogo de series, documentais, información, deportes, cultura, divulgación etc.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A campaña de fomento da lectura de revistas en catalán alcanza o medio milleiro de subscricións en menos dun mes

Baixo o lema «Som més fortes que la censura», esta campaña para fomentar a lectura de revistas en catalán, que estará en vigor ata finais de ano, naceu en resposta aos ataques á lingua e ás publicacións neste idioma.

Fonte: Diari Més

Xeral

Un total de 26 entidades de Baleares asina un manifesto contra a segregación lingüística nas aulas

As entidades asinantes do manifesto contra a segregación lingüística nas aulas pídenlle á presidenta balear que non se separe o alumnado en función da lingua de ensino (castelán ou catalán).

Fonte: Mallorca Diario

Illas Baleares

O novo número de Astérix poderá lerse en asturiano

L’iris blanc é o título do novo volume de Astérix que sae á venda en todo o mundo en vinte linguas, entre elas o asturiano baixo o título El lliriu blancu.

Fonte: Asturies.com

Asturias

O Concello de Pamplona e a Real Academia da Lingua Vasca asinan un convenio para o asesoramento lingüístico

A sinatura deste convenio supón a concesión de 12 000 euros en concepto de subvención nominativa á Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia polo que esta asesorará o Concello de Pamplona en cuestións lingüísticas relativas ao éuscaro e organizará actividades de difusión.

Fonte: Pamplona Actual

Navarra

A Academia da Lingua Asturiana organiza unhas xornadas arredor do asturiano

As XLI Xornadas Internacionais de Estudo, que se celebrarán do 7 ao 9 de novembro, van contar cun programa que inclúe conferencias, presentacións e comunicacións sobre a lingua e a cultura asturianas.

Fonte: Astur News

Asturias

O Goberno vasco subvenciona as xornadas Xare para promover a cultura dixital en éuscaro

Por medio dunha subvención de 35 000 euros, o Goberno vasco colaborará na organización das xornadas Xare, cuxo obxectivo é que a mocidade coñeza os recursos dixitais en éuscaro e fomentar o uso desta lingua no ámbito das TIC.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder