España
Eroski impulsará o uso do éuscaro como estratexia para diferenciarse doutras grandes marcas
Unha das cadeas de supermercados máis emblemática do País Vasco, Eroski, vai fomentar o éuscaro como parte da súa estratexia de diferenciación respecto a outras grandes marcas. Este apoio plasmarase en accións concretas, como a alianza coa Escola Pública Vasca para impulsar o ensino desta lingua.
Fonte: Bilbaohiria
O 20 % das federacións deportivas vascas participa na iniciativa para impulsar o uso do éuscaro no ámbito deportivo

O 20 % das federacións deportivas do País Vasco sumouse ao acordo de colaboración entre o Goberno vasco e a Unión de Federacións Deportivas para promover o uso do éuscaro no deporte.
Fonte: Irekia
A plataforma Irekia de comunicación entre a cidadanía e a Administración incorpora subtítulos en éuscaro e castelán
Irekia, a canle de comunicación en liña entre a cidadanía e a Administración, estreou os subtítulos en éuscaro e castelán en tempo real nas roldas de prensa posteriores ao Consello de Goberno.
Fonte: Gobierno Vasco
Centos de títulos en catalán incorporaranse ás plataformas audiovisuais

A Generalitat de Cataluña e a Corporación Catalá de Medios Audiovisuais asinaron un convenio polo que a CCMA lle cederá o seu catálogo de series e películas en catalán, tanto dobradas como subtituladas, o que incrementará a presenza desta lingua nas plataformas audiovisuais como Netflix ou HBO.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Concello de Elgoibar convoca axudas para a aprendizaxe do éuscaro
Estas axudas municipais para 2023 están destinadas á cidadanía que queira aprender éuscaro, así como a incrementar o uso desta lingua en establecementos comerciais e empresas locais e a premiar a aprobación do exame teórico do permiso de conducir en éuscaro.
Fonte: El Diario Vasco
O Goberno vasco destinará un millón de euros ao impulso do éuscaro en medios que usan principalmente o castelán

Estas axudas, que se distribuirán por grupos, están destinadas á prensa diaria, edicións dixitais, radios e axencias de noticias que emiten noticias en internet.
Fonte: Gobierno Vasco
Portugalete acollerá este verán o primeiro circo en éuscaro
Ao longo dos meses de xuño e xullo, Gure Zirkua, o primeiro circo integramente en éuscaro, chega a Portugalete co obxectivo de reivindicar a cultura vasca.
Fonte: El Correo
O Concello de Pamplona subvencionará as actividades de promoción do éuscaro das entidades sen ánimo de lucro
O Concello de Pamplona destinará 90 000 euros a fomentar, divulgar e normalizar o uso do éuscaro mediante actividades organizadas por entidades sen ánimo de lucro e dirixidas á cidadanía.
Fonte: Noticias de Navarra
A Generalitat de Cataluña impulsa o proxecto Revista Escolar Dixital para fomentar o catalán

Para frear o retroceso no uso do catalán nos centros educativos, a Generalitat presentou unha nova medida pola que estes poderán solicitar ata 1300 euros para accións de fomento desta lingua. Entre elas, recomendan o proxecto Revista Escolar Dixital, unha rede de diarios escolares dirixidos polo alumnado de primaria, secundaria e bacharelato.
Fonte: La Vanguardia
A Unión Astronómica Internacional designa dous sistemas planetarios con nomes en éuscaro e catalán

A estrela coñecida como GJ 486 e o seu planeta pasarán a denominarse coas palabras en éuscaro Gar e Su, mentres que o sistema de WASP-166 recibirá os nomes de Filetdor e Catalineta, da tradición oral mallorquina.
Fonte: The Objective
Boletín
Subscríbase ao boletín