España
Reactívase o programa de cinema infantil en catalán CINC

O CINC, o programa de cinema infantil en catalán, retoma a súa actividade en outubro coa programación de 160 proxeccións en 26 localidades de Cataluña e dúas na Franxa de Aragón.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat Valenciana elabora un informe cos novos criterios para o uso do valenciano na Administración
Este documento, que se lle entregou á Acadèmica Valenciana de la Llengua (AVL) para que elabore un informe, contén os novos criterios que a Generalitat quere implantar para o uso do valenciano na Administración.
Fonte: El País
A Generalitat de Cataluña convoca axudas para a incorporación do catalán ao ámbito dos videoxogos
Esta nova liña de axudas para a incorporación do catalán ao ámbito dos videoxogos conta cunha dotación orzamentaria de 625 000 euros e está destinada a que empresas privadas realicen labores de tradución, corrección, localización, dobraxe e subtitulación.
Fonte: Generalitat de Catalunya
As universidades de Cataluña avaliarán o nivel de catalán do alumnado dos graos de Educación
As facultades de Educación de Cataluña avaliarán o nivel de catalán dos novos estudantes para abordar posibles carencias durante os estudos, unha medida que forma parte da guía para a elaboración de plans de incremento da docencia nesta lingua nas universidades.
Fonte: La Vanguardia
Un traballo de investigación mostra a eficacia da iniciativa Euskaraldia
Os datos relativos á edición de 2022 de Euskaraldia mostran que dous terzos das persoas participantes nesta iniciativa mudaron algúns hábitos lingüísticos.
Fonte: Gobierno Vasco
Premian a Rodrigo Cuevas polo seu labor na defensa do galego en Asturias

A asociación Axuntar, que traballa a prol da normalización do galego de Asturias, creou os Premios Folgueira co obxectivo de recoñecer publicamente as persoas, institucións ou iniciativas que traballan pola dignificación desta lingua no Principado.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Preséntanse varios traballos que afondan na práctica oral en éuscaro
No marco do proxecto Mintzola, impulsado por Euskaltzaindia, varios especialistas presentaron en San Sebastián sete traballos de fin de grao e fin de mestrado, así como un traballo de investigación, todos eles premiados, nos que afondan nas claves da práctica oral en éuscaro.
Fonte: La Vanguardia
Convócanse por terceiro ano consecutivo os cursos de adestradoras/es de fútbol en éuscaro
O Goberno vasco e a Federación Guipuscoana de Fútbol organizan, dende 2021, os cursos da UEFA para adestradoras e adestradores en éuscaro. A formación nesta lingua é un dos piares do Plan para a promoción do éuscaro no deporte, no que se considera as persoas que conforman o corpo técnico como figuras de referencia para a mocidade.
Fonte: Gobierno Vasco
O Concello de Azkoitia subvencionará o uso do éuscaro no comercio e na hostalería
Os establecementos comerciais e hostaleiros poderán solicitar subvencións para diferentes actuacións (web, publicidade, rótulos, bolsas, tarxetas etc.), así como pedir axuda para realizar traducións ou correccións de textos breves.
Fonte: El Diario Vasco
O Parlamento balear aproba unha moción para que o catalán sexa a lingua de uso prioritario nas institucións
Esta moción insta o Goberno balear, entre outras cuestións, a darlle prioridade ao catalán, como lingua propia do arquipélago, nas institucións públicas.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín