España
A comarca de Oarsoaldea estuda estratexias para fomentar o éuscaro nos sectores do comercio, a hostalería e os servizos
Estase a realizar unha valoración das estratexias e as iniciativas levadas a cabo nas últimas décadas de fomento do éuscaro nos principais sectores da comarca para avanzar na normalización lingüística das relacións comerciais no espazo urbano.
Fonte: Lezoko Udala
Denuncian a falta de avances no uso do asturiano na web da Radiotelevisión do Principado de Asturias
A Radiotelevisión do Principado de Asturias (RTPA) renovou a imaxe da súa páxina web e das redes sociais, un troco que, porén, non implicou unha maior visibilidade do asturiano. Este feito levou a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana a reclamar un cambio na dirección do ente.
Fonte: Asturies.com
Ponse en marcha unha campaña para recompilar voces que lles aprendan éuscaro ás novas tecnoloxías

O gobernos vasco e navarro, e mais o Organismo Público do Éuscaro impulsan unha campaña que, baixo o lema "Unamos as nosas voces – Batu ditzagun gure ahotsak", anima a cidadanía a entrar no portal gaitu.eus e gravar a súa voz para ensinarlles éuscaro ás máquinas e ás novas tecnoloxías.
Fonte: Gobierno Vasco
A Generalitat impulsa unha enquisa sobre as linguas de Cataluña
A Enquisa de usos lingüísticas da poboación 2023, impulsada polo Departamento de Cultura e o Idescat, proporcionará información actualizada sobre a realidade lingüística de Cataluña, o que permitirá a posta en marcha de políticas de fomento do catalán e o aranés máis axustadas ás necesidades da cidadanía.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Deputación de Áraba elaborará un plan para crear redes de falantes en éuscaro
A Deputación anunciou a elaboración dun plan estratéxico que ten como obxectivo garantir a posibilidade de vivir en éuscaro e favorecer o apoderamento dos falantes desta lingua.
Fonte: Noticias de Álava
O Concello de Bilbao e Euskaltzaindia renovan o seu convenio de colaboración para fomentar o uso do éuscaro
Este convenio de colaboración, que xa leva vixente máis de dúas décadas, ten como obxectivo fomentar o uso e a normalización do éuscaro.
Fonte: Radio Popular
Nove empresas súmanse ao proxecto eusGara para o impulso do éuscaro no ámbito socioeconómico
As nove empresas que acaban de sumarse ao proxecto eusGara mostran así o seu compromiso co emprego do éuscaro e terán á súa disposición as ferramentas necesarias para unha correcta xestión lingüística.
Fonte: Gobierno Vasco
A Generalitat anuncia un plan para garantir o coñecemento e o uso do catalán no sistema sanitario de Cataluña
O Goberno de Cataluña está a ultimar un plan para garantir o uso e o coñecemento do catalán no sistema de saúde, co que se reforzará a oferta formativa nesta lingua para o persoal sanitario.
Fonte: El Món
A comarca da Jacetania promoverá o aragonés no territorio
A comarca da Jacetania asinou coa Asociación Espelungué un convenio de colaboración para promover o aragonés no territorio, polo que asignará 1500 euros para impartir cursos desta lingua e realizar publicacións, xogos tradicionais ou actividades culturais.
Fonte: Heraldo
O xornal El Correo organiza unha votación para escoller a palabra que debe perdurar no tempo en éuscaro e castelán

A votación para escoller a Palabra con Futuro 2023, en éuscaro e castelán, estará aberta ata o 8 de outubro. As persoas que desexen participar deben votar unha das incluídas na listaxe de 20 voces elaborada por máis de 300 xornalistas convocados por El Correo.
Fonte: El Correo
Boletín
Subscríbase ao boletín