España
Dez clubs eibarreses elaboran un plan de éuscaro para a tempada 2023-2023

O Concello de Éibar solicitoulles aos clubs deportivos aos que lles asigna subvencións a elaboración dun plan de éuscaro, cuxo obxectivo é que esta lingua forme parte da actividade diaria destas entidades e do seu persoal.
Fonte: Eibarko Udala
Preséntase unha web para defender a oficialidade da lingua catalá na UE
Plataforma per la Llengua lanza catalaoficial.eu, unha web que forma parte da campaña impulsada por esta organización a prol da oficialidade do catalán na Unión Europea, aproveitando a presidencia española da UE.
Fonte: Públic
O Goberno de Navarra organiza unha campaña para fomentar a aprendizaxe do éuscaro entre as persoas adultas

O Goberno de Navarra organiza, xunto a 33 entidades locais e diferentes axentes do sector do ensino do éuscaro a persoas adultas, a campaña anual «Éuscaro Agora» para impulsar a aprendizaxe desta lingua.
Fonte: Gobierno de Navarra
O Concello de San Sebastián organiza cursos para atender a clientela en éuscaro
Estes cursos de éuscaro están dirixidos a profesionais do sector do comercio e desenvolveranse entre os meses de outubro e febreiro co obxectivo de axudar a mellorar a atención á clientela euscalduna.
Fonte: San Sebastián Shops
O lema da Diada de 2023 estará centrado na lingua catalá
O 11 de setembro celébrase a Diada, cuxo lema deste ano é «Una llengua, molts accents», co que se queren denunciar os ataques a esta lingua, así como poñer en valor a súa riqueza e diversidade.
Fonte: CatalunyaPress
O Goberno do Val de Arán demanda que se poida falar aranés no Congreso
Solicítanlle á presidenta do Congreso dos Deputados que o aranés, que é tamén lingua oficial en Cataluña, se poida empregar na Cámara Baixa, nas mesmas condicións que o galego, o catalán e o éuscaro.
Fonte: Nius
O Goberno Foral de Navarra abre o prazo de matrícula para o ensino de éuscaro en persoas adultas
Os cursos de aprendizaxe de éuscaro para persoas adultas, que se poderán cursar no Euskaltegi Zubiarte de Huarte, inclúen todos os niveis (A1, A2, B1, B2 e C1) e ofértanse en modalidade presencial e en liña.
Fonte: Gobierno de Navarra
O Goberno balear elimina o requisito de saber catalán na sanidade pública
O Goberno das Illas Baleares aprobou a eliminación da obriga para o persoal que traballa na sanidade pública de acreditar o coñecemento de catalán, que pasará a considerarse un mérito.
Fonte: El Periódico
Netflix emitirá catro tempadas de “Avatar, a lenda de Korra” en catalán
Coa incorporación desta serie, xa son 38 os títulos que Netflix ofrece en lingua catalá, grazas ao convenio entre o Goberno de Cataluña e a Corporación Catalá de Medios Audiovisuais (CCMA).
Fonte: Generalitat de Catalunya
Increméntase o coñecemento do éuscaro en Vitoria

Nos últimos anos incrementouse o coñecemento do éuscaro na capital vasca, segundo mostran os datos facilitados polo Concello de Vitoria relativos ao ano 2021. Así, case o 30 % da súa poboación é euscalduna (7,4 puntos máis que en 2011); o 16,3 % entende esta lingua aínda que non a fala; e o 54,8 % é castelanfalante.
Fonte: Noticias de Álava
Boletín
Subscríbase ao boletín