España
A Feira Internacional de Mostras de Asturias celebra o II Día da Lingua Asturiana
O 19 de agosto a Feira Internacional de Mostras de Asturias celebra o II Día da Lingua Asturiana, que inclúe un amplo programa de actividades cuxo obxectivo é a posta en valor deste idioma.
Fonte: La Voz de Asturias
O Premio de Poesía en Lingua Asturiana Fernán-Coronas xa ten gañador
O gañador do XXIX Premio de Poesía en Lingua Asturiana Fernán-Coronas é Pablo X. Suárez coa obra Entamos d’onomástica pola que recibirá 900 euros e a súa publicación.
Fonte: Asturies.com
O Concello de Girona recoñecerá os influencers que publiquen contidos en catalán

O Concello de Girona quere impulsar os influencers que publiquen contidos en catalán nas redes sociais co obxectivo de fomentar o uso desta lingua, así como promover a cidade.
Fonte: El Món
Reus acolle un ciclo de cinema infantil en catalán
Ao longo do mes de agosto a Fira Centre Comercial acolle un ciclo de cinema infantil en catalán que inclúe nove películas que se proxectarán os xoves ás 18.30 horas.
Fonte: Diari Més
O Concello de Laudio concede 103 bolsas para a aprendizaxe do éuscaro
O Concello de Laudio aboou os importes das 103 solicitudes presentadas á convocatoria de axudas para as bolsas de éuscaro do curso 2022-2023.
Fonte: Noticias de Álava
O colectivo Agerraldia organiza unha carreira para fomentar o coñecemento do éuscaro no sur de Navarra

Baixo o nome de Santxikorrota, esta carreira polas Bardenas Reales, que se celebrará o vindeiro 1 de outubro, ten como obxectivo impulsar o coñecemento e o uso do éuscaro no sur de Navarra, así como promover actitudes positivas cara a esta lingua.
Fonte: Noticias de Navarra
O Concello de Altea pon en marcha unha campaña para fomentar a lectura en valenciano

Esta campaña de promoción lectora ten como obxectivo que a cidadanía poida intercambiar libros ao tempo que se fomenta a lectura en valenciano, para o que se instalou un andel na entrada do Consistorio.
Fonte: El Periòdic
Segundo un informe, Google responde con resultados en castelán ás buscas en éuscaro
Segundo un informe do Observatorio Puntueus, o algoritmo de Google responde ás buscas de usuarios euscaldúns con resultados en castelán, o que supón unha exclusión para o éuscaro e unha redución da visibilidade desta lingua na rede.
Fonte: Onda Vasca
A Fundación BBVA presenta a nova edición do «Diccionario del español actual»
A Fundación BBVA presentou a terceira edición do Diccionario del español actual, que xa está dispoñible en liña e que recolle o léxico documentado en España durante os últimos 73 anos.
Fonte: Fundéu
O Concello de Hondarribia convoca axudas para promover o uso do éuscaro
Estas axudas, que teñen asignado un orzamento de 37 600 euros, están destinadas a apoiar actividades que contribúan ao fomento do uso do éuscaro na sociedade.
Fonte: Cadena SER
Boletín
Subscríbase ao boletín