España

A Academia Valenciana da Lingua presenta un vocabulario visual de produtos do mar en valenciano

Fons de mar. Peixos, crustacis, mol·luscos i altres espècies marines é o título deste vocabulario visual que inclúe os nomes en valenciano dos produtos comerciais do mar co que se busca dar a coñecer a denominación nesta lingua das principais especies comercializadas nas confrarías de pescadores.

Fonte: Castellón Plaza

Comunidade Valenciana

As queixas por discriminación lingüística en universidades de Cataluña, Valencia e Baleares ascenderon a 56 no primeiro cuadrimestre

Plataforma per la Llengua recibiu 56 queixas por discriminación lingüística en universidades de Cataluña, Valencia e Baleares que se reparten así: 24 porque unha materia que se tiña que impartir en catalán finalmente se impartiu noutra lingua; outras 24 pola falta de oferta de materias en catalán; e oito por vulneración doutros dereitos lingüísticos.

Fonte: Última Hora

Xeral

O Concello de Bilbao pon en marcha un programa de lecer en éuscaro para menores de 11 e 12 anos

«Hala Birala!» é un programa gratuíto de lecer en éuscaro sobre redes sociais dirixido a menores nacidos nos anos 2011 e 2012. Entre os días 11 e 14 de abril aprenderán a crear, editar e compartir contidos en éuscaro dun xeito fácil e seguro.  

Fonte: Ayuntamiento de Bilbao

País Vasco

O Goberno de Cataluña impulsa unha nova plataforma de contidos dixitais en catalán

O Goberno de Cataluña encargoulle á Corporación Catalá de Medios Audiovisuais a creación dunha plataforma de contidos en catalán no mundo dixital, á que se destinará un orzamento de 30 millóns de euros. Esta OTT terá carácter gratuíto e estará dirixida ao público en xeral.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Publícase unha guía de soporte lingüístico orientada a persoas sen coñecementos de catalán

O Goberno balear e o Instituto de Estudos Baleáricos publicaron Català en marxa! Guia de suport lingüístic en un context intercultural, unha guía para docentes que imparten obradoiros de acollida lingüística dirixidos a persoas sen coñecemento ningún do catalán.

Fonte: Govern Illes Balears

Illas Baleares

A Generalitat de Cataluña ofrecerá cursos de catalán para o persoal sanitario

Estes cursos de formación en lingua catalá para o persoal sanitario que forme parte do Instituto Catalán da Saúde (ICS), que terán carácter gratuíto, permitirán que poidan obter un certificado de acreditación oficial.

Fonte: 20minutos

Cataluña

Publícase a normativa de uso oficial do catalán de Aragón

O Pleno da Academia Aragonesa da Lingua aprobou por unanimidade o primeiro acordo relativo á normativa de uso oficial do catalán de Aragón, que agora se publica no Boletín Oficial de Aragón.

Fonte: La Litera Información

Aragón

Un total de 51 das 100 medidas do Goberno de Cataluña para impulsar o uso do catalán xa está en marcha

Segundo o Goberno de Cataluña, das 100 medidas aprobadas o pasado mes de novembro para impulsar o catalán, 51 xa están en marcha e destas, 44 están en fase avanzada de execución.  

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

O Goberno de Cataluña pon en marcha unha nova campaña de fomento do catalán na que recupera o personaxe de Queta

O Goberno de Cataluña presentou a campaña de fomento do uso do catalán «Provem-ho en català. Molt per parlar, molt per viure» na que recupera a figura de Queta, empregada nunha campaña de 2005.

Fonte: El Periódico

Cataluña

A Universidade do País Vasco conclúe un dicionario de éuscaro baseado no uso real deste idioma

Egungo Euskararen Hiztegia, finalizado tras quince anos de traballo, inclúe 70 751 entradas, 251 153 acepcións, 529 227 exemplos e 663 172 conxuntos de palabras. Trátase do dicionario de éuscaro máis detallado na actualidade e pode consultarse na páxina web da Universidade do País Vasco.

Fonte: Universidad del País Vasco

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder