España

Estréase unha nova colección dedicada ao ensino do galego-asturiano

A Academia da Lingua Asturiana publicou o manual de 1.º da ESO Segundas foyas co que estrea unha nova colección dedicada ao ensino do galego-asturiano.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

Un deputado de Sumar empregará a lingua asturiana no Congreso

O deputado de Sumar por Asturias, Rafa Cofiño, asegurou que o asturiano tamén se empregará no Congreso dos Deputados tras afirmar que se expresará nesta lingua nalgunha das súas intervencións.

Fonte: Europapress

Asturias

Un proxecto potenciará o éuscaro nas empresas de Barakaldo

A axencia de desenvolvemento de Barakaldo quere sumarse ao proxecto do Goberno vasco Hizkuntzak kudeatzen que pretende potenciar o uso do éuscaro polas empresas para aumentar a súa competitividade.

Fonte: El Correo

País Vasco

O Consorcio para a Normalización Lingüística organiza máis de 1300 cursos de catalán do primeiro trimestre do curso 2023-2024

O CPNL ofrece máis de 1300 cursos, tanto para aprender como para perfeccionar o catalán, e máis de 29 220 prazas en modalidades presencial e en liña.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Rexístrase a proposta que permitirá usar o galego, o catalán e o éuscaro no Congreso

Varias formacións políticas rexistraron unha proposición de lei de reforma do Regulamento do Congreso para poder usar o galego, o catalán e o éuscaro en todos os debates da Cámara Baixa e na presentación de iniciativas.

Fonte: Público

Xeral

Movistar Plus+ incrementa os seus contidos en éuscaro

Grazas á colaboración de EITB con Movistar Plus+, esta plataforma reforzou a súa oferta de contidos en éuscaro, que xa alcanza as 275 horas.

Fonte: Noticias de Navarra

País Vasco

O Instituto de Estudos Baleáricos asume as competencias en política lingüística

O Goberno balear modificou os estatutos do Instituto de Estudos Baleáricos para que este asuma as competencias en política lingüística dentro da Consellería de Turismo, Cultura e Deportes.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

Unha delegación de seis eurodeputados visitará Cataluña para examinar o modelo de inmersión lingüística

Seis europarlamentarios visitarán Cataluña o vindeiro mes de decembro para coñecer o modelo de inmersión lingüística nas escolas catalás co obxectivo de recompilar información sobre este tema a raíz da denuncia presentada en 2017 pola AEB.

Fonte: Última Hora

Cataluña

Un novo distintivo nos establecementos garantiralle a atención en éuscaro á clientela

Euskaraz barra-barra é un novo distintivo para promover o uso do éuscaro, impulsado polos Gobernos vasco e navarro e polo Organismo Público da Lingua Vasca, que ten como obxectivo identificar espazos nos que a cidadanía pode expresarse neste idioma con tranquilidade. 

Fonte: Gobierno Vasco

Xeral

Todas as películas da sección oficial do Festival de Cine de San Sebastián contarán por primeira vez con subtítulos en éuscaro

Todas as películas da Sección Oficial do Zinemaldia contarán, a partir da edición deste ano, con subtítulos en éuscaro, ademais de en castelán e inglés. Deste xeito, desde o festival queren contribuír ao uso e fomento da lingua vasca, así como á súa visualización internacional.

Fonte: El Diario

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder