España
O Goberno vasco subvencionará a investigación en tecnoloxías da linguaxe para incrementar a presenza do éuscaro no ámbito dixital
Destinará 1 680 000 euros á Universidade do País Vasco para a investigación de novas técnicas e o fortalecemento da rede de tecnoloxía lingüística para aumentar a presenza do éuscaro no ámbito dixital.
Fonte: Gobierno Vasco
A Generalitat de Cataluña pon en marcha unha campaña a prol dos dereitos lingüísticos nas aulas universitarias

A campaña, que ten como lema «Si et canvien la llengua, no et tallis», busca dar a coñecer os dereitos lingüísticos do alumnado e do profesorado universitario, así como as caixas de correo habilitadas polas universidades para o efecto.
Fonte: La Vanguardia
Unha cabina de podcast en catalán percorrerá Cataluña para impulsar o uso desta lingua
O Goberno de Cataluña fará circular unha cabina de radio coa que pretende recoller o maior número posible de voces e testemuños sobre o catalán e crear o maior podcast rexistrado nesta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno vasco e o Concello de Donostia presentan unha aplicación para que o persoal do comercio e a hostalería aprenda éuscaro

A app Erraza da serve para aprender vocabulario básico en éuscaro e está dirixida, principalmente, a profesionais do comercio e a hostalería, aínda que poderá utilizala quen o desexe e, ademais, irá estendéndose a outros sectores.
Fonte: Gobierno Vasco
Sete de cada dez cataláns móstranse a favor de que o catalán sexa oficial en Europa
Segundo unha enquisa, a oficialidade do catalán en Europa xera un amplo consenso na sociedade catalá, pois os datos mostran que un 70 % das persoas enquisadas está a favor desta posibilidade.
Fonte: El Diario
Nace o proxecto Eskuara para impulsar o éuscaro nas empresas arabesas
O proxecto Eskuara, creado no marco do programa Lanabes, ten como obxectivo incrementar o uso do éuscaro nas empresas arabesas de máis de 50 traballadores/as e favorecer a igualdade lingüística.
Fonte: Gobierno Vasco
O Congreso aproba por maioría absoluta o uso do galego, o catalán e o éuscaro na Cámara Baixa

O Congreso dos Deputados aprobou por maioría absoluta o uso das linguas cooficiais en toda a actividade parlamentaria grazas a unha reforma do seu regulamento. Isto permitiu que o galego fose a lingua que abriu a primeira sesión plenaria desta lexislatura.
Fonte: EFE
Increméntase o número de estudantes matriculados na materia de aragonés
Arredor de 1300 estudantes reciben neste curso 2023-24 clases de aragonés en 30 centros de primaria e secundaria de 50 localidades de Aragón, o que supón un incremento con respecto a anos anteriores.
Fonte: Aragón Noticias
Elgoibar ofrece un programa de faladoiros para practicar éuscaro
O Concello de Elgoibar, a asociación Elgoibarko Izarra e os euskaltegis da localidade organizan unha nova edición do programa de faladoiros en éuscaro para mellorar a expresión oral nesta lingua.
Fonte: El Diario Vasco
A Academia Aragonesa da Lingua e a institución do Xustiza de Aragón asinan un convenio para o uso, a protección e a promoción das linguas aragonesas
Ambas as institucións asinaron un convenio marco de colaboración que ten como obxectivo fomentar o uso, a protección e a promoción das linguas e as modalidades lingüísticas propias de Aragón.
Fonte: La Litera Información
Boletín
Subscríbase ao boletín