España
Celébrase unha reunión para tratar a política lingüística do Val de Arán
A Generalitat de Catalunya e o Conselh Generau d’Aran celebraron unha reunión da Comisión Bilateral na que acordaron aumentar as transferencias para o fomento e a protección do occitano e estudar conxuntamente as necesidades desta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno español destina 7,5 millóns de euros a asegurar a presenza do galego, o éuscaro e o catalán no ámbito dixital

Tres proxectos aspiran a asegurar a presenza das linguas cooficiais no mundo dixital (AINA para o catalán, NÓS para o galego e GAITU para o éuscaro) grazas aos fondos europeos do PERTE da Nova Economía da Lingua. Para levalos a cabo, deben construír uns corpus lingüísticos, tanto escritos como orais, antes do 31 de decembro de 2025.
Fonte: Diario de Mallorca
Google Translate permite a tradución ao éuscaro sen necesidade de conexión a internet
Google anunciou que acaba de expandir a funcionalidade de tradución sen conexión a 33 novas linguas, entre elas, o éuscaro, co obxectivo de poder traducir textos sen necesidade de conectarse a internet.
Fonte: 20minutos
O Concello de Lazkao subvencionará a asistencia en 2023 a cursos de éuscaro
Esta iniciativa ten como obxectivo fomentar a aprendizaxe do éuscaro a través dunha axuda que recibirá cada solicitante e que dependerá dos seus ingresos anuais.
Fonte: El Diario Vasco
O Instituto Cervantes traballa con outras entidades para que o español sexa considerado un idioma de ciencia
No marco dunhas xornadas en San Millán de la Cogolla, a directora de Cultura do Instituto Cervantes explicou que a entidade está a traballar para que se identifique o español como idioma de ciencia.
Fonte: La Vanguardia
O Goberno balear entrégalles agasallos en catalán ás familias que acaban de ter un bebé

Distribuiranse uns 11 000 agasallos (unha bolsa que inclúe unha carta en doce linguas, dous triángulos para o coche e un disco con arrolos en catalán) en todas as maternidades co obxectivo de poñer en valor a diversidade lingüística e facilitar o coñecemento do catalán entre as xeracións futuras.
Fonte: La Vanguardia
Convócanse axudas para financiar a totalidade dos gastos de dobraxe ao éuscaro de películas

Zineuskadi, a iniciativa de promoción do cine vasco, organiza unha nova edición do programa Zinema Euskaraz 2023, co obxectivo de promover estreas comerciais de cinema en éuscaro.
Fonte: Audiovisual451
Apróbase a carta de servizos do Gabinete de Normalización Lingüística do Concello de Valencia
Esta carta de servizos avalía as prestacións do Gabinete de Normalización Lingüística que, entre outros labores, se ocupa de ofrecer asesoramento lingüístico, formación e promoción do valenciano, así como de informar sobre as actividades relacionadas co uso e o coñecemento desta lingua.
Fonte: El Periòdic
O Goberno balear organiza en Mallorca e Menorca excursións para practicar o catalán
Baixo o lema «La llengua camina», estas excursións para practicar o catalán organízanse no marco da campaña «Mou la llengua». As primeiras levaranse a cabo en Mallorca e Menorca, pero proximamente chegarán tamén a Formentera e Eivisa.
Fonte: Mallorca Diario
O Concello de Bilbao organiza un programa de lecer familiar en éuscaro

O programa «Ikusi eta Ikasi » chega á súa 19ª edición, que se desenvolverá entre o 16 de xaneiro e o 26 de maio nos diferentes barrios da cidade, co obxectivo de crear espazos de lecer familiar en éuscaro e contribuír así a normalizar o uso desta lingua.
Fonte: Ayuntamiento de Bilbao
Boletín
Subscríbase ao boletín