España
O catalán xa está dispoñible na voz do navegador Google Maps

Google Maps activou o catalán como lingua dispoñible na voz do navegador, tanto para Android como para iOS, xa que ata agora a oferta lingüística da aplicación se limitaba ao texto.
Fonte: La Vanguardia
A Xunta de Galicia traballa para facer oficiais os topónimos en galego no Bierzo e Sanabria
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, explicou que a Xunta está a traballar pola oficialidade dos topónimos en galego no Bierzo e Sanabria, de maneira que sexa normativamente correcto utilizar nomes como Toural dos Vaos ou Vilafranca do Bierzo.
Fonte: Galicia Confidencial
Increméntase o número de alumnos de galego no Bierzo e Sanabria

O número de alumnos que estudan lingua galega nas comarcas do Bierzo e de Alta Sanabria aumentou este curso pasado en 58 estudantes ata chegar aos 1173 nos 19 centros onde se imparte esta materia.
Fonte: Diario de León
O Goberno vasco convoca subvencións para os centros concertados que participen no programa Ullibarri de normalización lingüística
Aprobouse a orde que establece as axudas máximas para o curso 2023-2024, destinadas aos centros concertados que formen parte do Programa Ulibarri de normalización lingüística, ao que se destinarán 1,2 millóns de euros.
Fonte: Gobierno Vasco
Preséntase unha nova aplicación que reúne os vocabularios específicos en lingua de signos catalá

«SIGNAPP, una mà de signes» é unha aplicación creada pola Asociación ACILS que contén unha recompilación de glosarios específicos en lingua de signos catalá e ten como obxectivo crear un espazo único para consultas de signos de ámbitos específicos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Concello de Éibar abre o prazo de solicitude de subvencións para poñer rótulos en éuscaro

Mediante a concesión destas axudas o Concello de Éibar pretende incrementar a presenza do éuscaro na paisaxe lingüística do municipio, coa incorporación desta lingua a rótulos, inscricións ou outros elementos da imaxe corporativa de establecementos comerciais e industriais ou sedes de entidades asociativas.
Fonte: Eibarko Udala
Máis de 25 000 persoas estudan portugués en centros educativos estremeños
A Junta de Estremadura está a impulsar o ensino e a aprendizaxe da lingua e a cultura portuguesas, un feito que reflicte no número de persoas, máis de 25 000, que estudan este idioma na rexión en diferentes etapas educativas.
Fonte: Diario de Mérida
Publícase a terminoloxía catalá das plataformas de vídeo á carta
O Termcat publicou en liña a terminoloxía das plataformas de vídeo á cata, que recolle un cento de termos vinculados con este ámbito como produtos e xéneros audiovisuais, navegación e xestión das aplicacións, tecnoloxías implicadas no servizo, entre outros.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O concurso Euspot premia na edición deste ano os mellores anuncios en éuscaro sobre ciencia e tecnoloxía

O concurso Euspot, que naceu en 2001 para impulsar a creación de anuncios en éuscaro, chegou á súa edición número 12 na que se alcanzou unha participación histórica con 149 candidaturas, 54 máis que o ano anterior.
Fonte: Irekia
O dicionario dialectal do catalán de Aragón actualízase con 3000 novas entradas
O Goberno de Aragón actualizou o CatAragonario, o dicionario dialectal do catalán que se fala nesta comunidade, con 3000 novas entradas, co que xa alcanza as 15 000 voces, que van acompañadas das súas correspondencias en castelán e catalán estándar.
Fonte: Diario del Alto Aragón
Boletín
Subscríbase ao boletín