España

A cidadanía de Aragón poderá dirixirse en catalán, aragonés ou castelán ás Administracións públicas

O Goberno de Aragón está a ultimar un decreto, en fase de debate e contribucións, para regular o uso do aragonés e o catalán no ámbito das Administracións públicas, aínda que o castelán manterá a súa preeminencia  legal.

Fonte: AraInfo

Aragón

Preséntanse as principais actuacións do Goberno do Principado en materia de política lingüística para o ano 2023

Nunha comparecencia na Xunta Xeral presentáronse as principais actuacións en materia de política lingüística para 2023: actualización do tradutor castelán-asturiano Eslema.2, creación dun corrector ortográfico, impulso aos estudos de linguaxe administrativa en asturiano e en galego-asturiano, creación de novos servizos de normalización lingüística municipais, convocatoria de axudas para actividades en asturiano (para empresas e asociacións) etc.  

Fonte: La Nueva España

Asturias

Ponse en marcha unha campaña para estender a oficialidade do éuscaro a toda Navarra

Euskalgintzaren Kontseilua organiza esta campaña para demandar que o éuscaro sexa oficial en toda Navarra, xa que, segundo defenden, é o único xeito para garantir os dereitos lingüísticos, a cohesión e a igualdade.  

Fonte: EITB

Navarra

O Concello de Altea elabora calendarios de 2023 e marcapáxinas para fomentar o uso do valenciano

Elaboráronse 400 calendarios e marcapáxinas para fomentar y promocionar o uso da lingua e a cultura valencianas, que se poderán adquirir de balde no propio Concello.

Fonte: El Periòdic

Comunidade Valenciana

O Servizo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos do País Vasco recibiu 277 incidencias no ano 2021

O informe de Elebide, o Servizo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos, sinala que a maior parte das incidencias foron queixas, a maioría relativas a vulneracións do dereito a usar o éuscaro.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

A Generalitat de Cataluña subvenciona cinco series en catalán

O Departamento de Cultura, no seu esforzo por fomentar a produción audiovisual en catalán, publicou a resolución de concesión das axudas á produción de cinco series de ficción, ás que destinará unha partida de 1,5 millóns de euros respectivamente.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Goberno vasco entrega os certificados Bikain a 28 entidades polo seu esforzo por incrementar o emprego do éuscaro

Donostia acolleu o acto de entrega de Certificados Bikain de Calidade na Xestión Lingüística que recoñecen e poñen en valor o esforzo das entidades receptoras para aumentar o uso do éuscaro no ámbito socioeconómico. Das 28 entidades, once acreditaron o nivel superior; catorce, o medio; e tres, o básico.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

A Oficina de Dereitos Lingüísticos das Illas Baleares atendeu en 2021 máis de 200 casos

Entre o 4 de decembro de 2020 e o 31 de decembro de 2021 a Oficina de Defensa dos Dereitos Lingüísticos atendeu 208 casos, fronte aos 126 de Cataluña e os 87 da Comunidade Valenciana.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

Un total de 330 000 persoas mostra a súa preferencia por recibir atención en éuscaro no Servizo Vasco de Saúde

A conselleira de Saúde detallou os obxectivos do III Plan de normalización do éuscaro en Osakidetza para o período 2022-2028 cuxo principal reto é avanzar no respecto aos dereitos lingüísticos da cidadanía e garantir o uso desta lingua na comunicación corporativa e na atención aos usuarios.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

Valencia acolle un encontro de tiktokers en valenciano

Plataforma per la Llengua organiza o primeiro encontro de tiktokers en valenciano que busca impulsar o seu uso nesta rede social, a máis empregada pola xente nova, e no que participan varios influencers.

Fonte: Cadena Ser

Comunidade Valenciana

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder