España

Crean un dicionario de sinónimos en éuscaro relacionados co mundo da agricultura e a gandería

A fundación Cristina Enea lanzou Hitzontzi, un dicionario en liña de sinónimos en éuscaro do ámbito da agricultura e a gandería dirixido ao alumnado que acode ás hortas escolares e que será quen vaia facendo achegas para enriquecer esta publicación.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

Increméntase a competencia lingüística en valenciano entre a sociedade

Segundo unha enquisa do Goberno da Comunidade Valenciana sobre o coñecemento e o uso social do valenciano en diferentes ámbitos sociais, produciuse un aumento xeneralizado da competencia nesta lingua. Así, subiu en seis puntos a porcentaxe de persoas que o saben escribir; case cinco, a das que o saben ler; e máis de tres, a das que o entenden.    

Fonte: El Periòdic

Comunidade Valenciana

O Goberno balear pon en marcha unha campaña para promover o uso social do catalán

A campaña, que ten como lema ‘Mou la llengua’, invita os falantes de catalán a non cambiar de lingua de forma innecesaria e sinala a importancia de que a empreguen en todas as ocasións posibles.

Fonte: Nou Diari

Illas Baleares

A Universidade do País Vasco presenta 40 novos títulos en éuscaro na Feira de Durango

A Feira de Durango contará cunha caseta do Servizo Editorial da Universidade do País Vasco na que se presentarán 40 novos traballos en éuscaro, entre os que figuran libros de texto ou revistas, entre outros.

Fonte: Universidad del País Vasco

País Vasco

SAGA, o salón do videoxogo en catalán, buscar darlles visibilidade ás iniciativas nesta lingua

Co obxectivo de amosar a escasa presenza do catalán nos videoxogos nace SAGA, un salón no que cincuenta expositores dan coñecer a oferta existente nesta lingua, así como creadores de contidos, asociacións de usuarios e centros de formación.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Entréganse os premios Lauaxeta de Honor 2022 que recoñecen o labor de difusión internacional do éuscaro

A Deputación Foral de Biscaia entregou os galardóns da XVIII edición dos premios  Lauaxeta a persoas e institucións pola súa traxectoria na difusión internacional do coñecemento e o uso do éuscaro.  

Fonte: Diputación Foral de Bizkaia

País Vasco

O Goberno balear reparte folletos de acollida lingüística en catalán entre os refuxiados ucraínos

O Goberno balear repartiu case 1000 folletos, baixo o título «A l'Abast», cos que busca atender as necesidades lingüísticas de catalán dos refuxiados e da comunidade ucraína que vive no arquipélago.

Fonte: Crónica Balear

Illas Baleares

Preséntase un plan para incrementar o consumo audiovisual en catalán

A Corporación Catalá de Medios Audiovisuais (CCMA) presentou o seu novo Plan estratéxico co que pretende aumentar o consumo audiovisual en catalán, así como asegurar o acceso universal a contidos de calidade nesta lingua.

Fonte: Crónica Global

Cataluña

Celébrase o Día Internacional do Éuscaro

O Palacio Europa de Vitoria-Gasteiz acolleu o acto institucional de celebración do Día Internacional do Éuscaro, con motivo do que as tres deputacións forais, os concellos das tres capitais vascas e o Goberno acordaron unha declaración. O acto serviu, ademais para recordar que a Lei básica de normalización do uso do éuscaro cumpre corenta anos.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

O Goberno de Aragón pon en marcha un calendario de advento con curiosidades do Nadal en aragonés

Trátase dunha aplicación móbil gratuíta mediante a que podemos dispoñer deste calendario de advento dixital que permite descubrir curiosidades do Nadal en aragonés.

Fonte: El Periódico

Aragón

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder