España
O IX Viquimarató de la llengua catalana dedícase este ano ás películas e series en catalán

Entre o 18 e o 25 de novembro celébrase o IX Viquimarató de la llengua catalana, unha iniciativa impulsada pola Generalitat de Catalunya e Amical Wikimedia, xunto cos gobernos de todos os territorios de fala catalá.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Crean en Navarra unha nova rede en defensa dos dereitos lingüísticos
Sakanako Euskaltzaleon Sarea é unha rede aberta en defensa dos dereitos lingüísticos dos falantes de éuscaro da comarca de Sakana, creada por un grupo de persoas preocupadas polas dificultades que se atopan para poder vivir nesta lingua.
Fonte: Noticias de Navarra
Òmnium Cultural organiza unha nova campaña para impulsar o uso do catalán
Coa campaña «Treu la llengua, compartim el català!» búscase apelar ao orgullo da cidadanía para que utilice sen complexos o catalán co obxectivo de impulsar o seu uso, principalmente entre a mocidade.
Fonte: El Periódico
Piden que se recoñeza o chapurriau como unha das modalidades lingüísticas de Aragón
A Asociación Amics del Chapurriau quere que o chapurriau se recoñeza como unha das modalidades lingüísticas aragonesas. Por este motivo, remitiulle á institución do Justicia de Aragón unha queixa despois de que hai uns meses solicitasen este recoñecemento
Fonte: La Comarca
Ponse en marcha unha campaña para difundir a web elaide.es de recursos para aprender éuscaro

Os 28 servizos de éuscaro das Administracións locais de Navarra queren cunha nova campaña difundir a web elaide.eus, dirixida principalmente a estudantes de éuscaro, na que se poden encontrar recursos e información interesante para aprender e poder vivir nesta lingua.
Fonte: Noticias de Navarra
O Concello de Manacor pon en marcha un servizo de apoio lingüístico á contratación

O Concello de Manacor aprobou unhas cláusulas para que o catalán se converta en requisito técnico para calquera contratación de servizos, obras ou subministracións. Por este motivo, creou un novo servizo de apoio lingüístico á contratación, co obxectivo de facer efectivo o uso público desta lingua.
Fonte: Diario de Mallorca
O Departamento vasco de Saúde creará 26 espazos para expresarse en éuscaro
O Departamento de Saúde mostrou o seu apoio á iniciativa Euskaraldia e ao impulso do éuscaro, polo que crearán 26 “Arigunes”, espazos para expresarse nesta lingua co obxectivo de que esta gañe terreo e se logre un equilibrio entre os dous idiomas oficiais.
Fonte: Gobierno Vasco
O Concello de Oñati organiza unha nova edición de Berbalagun para practicar éuscaro
O programa Berbalagun está dirixido a persoas que queiran aprender ou perfeccionar o seu éuscaro falado nun ambiente distendido, a través de reunións de grupos reducidos no tempo de lecer das persoas participantes.
Fonte: El Diario Vasco
Preséntase o orzamento dedicado á política lingüística vasca para o ano 2023
A Viceconsellería de Política Lingüística contará cun orzamento de 73,5 millóns de euros en 2023, aos que haberá que sumar 10,8 millóns para a normalización lingüística da Administración Pública e 64,2 para a euscaldunización do sistema educativo. Son, polo tanto, en total 148,5 millóns de euros os que destinará o Goberno vasco á promoción do éuscaro.
Fonte: Gobierno Vasco
Increméntase entre a poboación do Principado o apoio á oficialidade do asturiano

Se en novembro do 2021 o apoio á oficialidade do asturiano se situaba no 60 %, un ano despois esta porcentaxe incrementouse case dous puntos (61,9 %), fronte ao 36,1 % que se declara en contra.
Fonte: Asturies.com
Boletín
Subscríbase ao boletín