España

Indeus celebra a súa asemblea xeral na que reafirma o seu compromiso co impulso do éuscaro na industria

A Plataforma Vasca da Industria, Indeus, estableceu na súa asemblea anual as principais áreas de traballo para o ano 2023, entre as que destacan a posta en marcha dunha campaña para incluír o éuscaro no paquete de idiomas dos software máis empregados ou o esforzo para garantir a posibilidade de realizar as inspeccións técnicas obrigatorias nesta lingua.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

O Consell de Mallorca convoca subvencións para que os concellos da illa rotulen en catalán

O Consell de Mallorca destinará 150 000 euros á convocatoria de axudas destinadas aos concellos da illa para que dispoñan de rótulos, indicadores e sinalización en catalán.

Fonte: Última Hora

Illas Baleares

A Deputación Foral de Áraba e o Concello de Vitoria-Gasteiz editan unha guía para fomentar o uso do éuscaro nas familias

Esta publicación, da que se repartirá 15 000 exemplares en centro de infantil e primaria, ofrece consellos, recomendacións e recursos para nais e pais co obxectivo de fomentar o uso do éuscaro entre menores de 10 anos.

Fonte: Diputación Foral de Álava

País Vasco

O Goberno balear modificará a lei para que as exoneracións do coñecemento do catalán na sanidade non sexan xeneralizadas

A modificación da lei de función pública ou a de normalización lingüística de forma integral abordarase para que as exoneracións do coñecemento do catalán na sanidade non sexan xeneralizadas e que se analice caso por caso á hora de aplicar algunha excepción.

Fonte: Periódico de Ibiza y Formentera

Illas Baleares

O Teatro Nacional de Cataluña e o CPNL asinan un convenio para impulsar o consumo de cultura en catalán

O Consorcio parra a Normalización Lingüística e o Teatro Nacional de Cataluña asinaron  un novo convenio de colaboración co que reafirman o compromiso das dúas entidades para impulsar o consumo cultural en catalán e o fomento do uso desta lingua.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Concello de Bilbao organiza unha campaña para impulsar o uso do éuscaro entre a cidadanía

Baixo o lema “Bilbon euskaraz”, esta campaña de sensibilización busca animar a cidadanía a usar o éuscaro, amosándolles as vantaxes e incidindo na idea do enriquecemento que supón esta lingua.  

Fonte: Ayuntamiento de Bilbao

País Vasco

O Concello de Huesca convoca a sétima edición do Premio Pedro Lafuente en aragonés

O Premio Pedro Lafuente en aragonés conta con catro categorías: a de narración curta, para textos de 15 a 20 páxinas; a de poesía, para poemas de 100 a 300 versos; a de zagals, para obras orais e escritas destinada a alumnado de infantil e primaria; e a de empresa, para as que favorezan a difusión do aragonés.

Fonte: Diario del Alto Aragón

Aragón

O Goberno vasco e Uzei publican un dicionario de arquitectura éuscaro-castelán

A Dirección de Vivenda, Solo e Arquitectura e o Centro Vasco de Terminoloxía e Lexicografía, Uzei, lanzaron un dicionario de termos arquitectónicos éuscaro-castelán para impulsar a comunicación en éuscaro neste ámbito. Trátase dun dicionario bilingüe en liña que conta xa con case 5100 vocábulos que se irán ampliando en posteriores fases.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

A Universidade das Illas Baleares fixa un mínimo do 35 % da docencia en catalán nos estudos de grao

A nova normativa sobre os usos lingüísticos nos estudos de grao para a Universidade das Illas Baleares ten dous obxectivos: garantir o dereito á seguridade lingüística e aumentar o uso do catalán na docencia nas titulacións nas que sexa minoritario.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

O Concello de Valencia impulsará un plan para garantir a igualdade lingüística do valenciano

O Gabinete de Normalización Lingüística decidiu tomar medidas urxentes dada a situación do valenciano na cidade, xa que unha enquisa recente mostra que os datos de uso son preocupantes e mostran o desequilibrio que existe con respecto ao castelán.  

Fonte: Levante-EMV

Comunidade Valenciana

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder