España

Comeza a sexta edición do festival Nel Amaro de teatro en lingua asturiana

Oviedo acollerá todos os venres do mes de outubro a representación de catro obras dirixidas ao público infantil e xuvenil finalistas do Premio Nel Amaro de teatro en asturiano.

Fonte: La Nueva España

Asturias

O Consell de Mallorca impulsa dúas páxinas web para mellorar o dominio do catalán

Co obxectivo de facilitar a aprendizaxe do catalán e mellorar o seu coñecemento, créanse estas dúas webs: Foneticat, para perfeccionar a pronuncia, e Fraseologia, dedicada a frases e expresións populares.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

Intérpretes en lingua de signos denuncian no Parlamento Vasco a falta de profesionais para atender o alumnado xordo

Intérpretes en lingua de signos denuncian a falta de profesionais no seu sector, a baixa contratación e a carencia dun grao universitario que imparta lingua de signos para interpretar o éuscaro.

Fonte: El Diario

País Vasco

Preséntase o portal de audiovisuais pedagóxicos en éuscaro Ikusgela

Ikusgela é un proxecto especializado en vídeos explicativos, que se completan con contidos e materiais libres, cuxo obxectivo é incrementar a presenza do éuscaro na rede e completar a Wikipedia nesta lingua.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

Preséntase a sexta edición de Sarean Euskaraz, un programa de fomento do éuscaro no ámbito das TIC

Pamplona acollerá os días 13 e 14 de outubro a sexta edición de Sarean Euskaraz na que participarán máis de 1300 mozas e mozos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato. Trátase dunha iniciativa do Goberno navarro para dar a coñecer e impulsar o uso do éuscaro nas TIC e promover a cultura dixital nesta lingua, principalmente, entre a mocidade.  

Fonte: Gobierno de Navarra

Navarra

Estréanse uns obradoiros de sensibilización lingüística dirixidos ao persoal sanitario para concienciar sobre a importancia da atención en catalán

Os obradoiros sobre sensibilización lingüística dirixidos a profesionais sanitarios de Cataluña teñen como obxectivo fomentar as boas prácticas na atención aos pacientes no que respecta aos seus dereitos lingüísticos.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O municipio de Fonz acolle o Ixufrina Rock, o primeiro festival de música en aragonés

Baixo o lema «Per la nuestra llengua» chega a Fonz a primeira edición do festival Ixufrina Rock, unha iniciativa que xorde co obxectivo de fomentar a lingua aragonesa. Ademais de música, haberá outras actividades como monólogos, maxia ou unha mesa redonda.

Fonte: Aragón Cultura

Aragón

Finaliza o proceso participativo do Pacto Nacional pola Lingua

Trátase do proceso participativo aberto á cidadanía impulsado pola Generalitat de Cataluña que recibiu máis contribucións dos últimos anos, cun total de 311 achegas e 3000 propostas contabilizadas ata o momento, aínda que a cifra definitiva non se coñecerá ata que finalice o reconto.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Palma de Mallorca acollerá LaTroca, un encontro de creadores dixitais en lingua catalá

LaTroca é un encontro de creadores dixitais que se celebrará o 15 de outubro en Palma e que inclúe unha serie de mesas redondas nas que participarán tiktokers, xogadores de videoxogos, podcasters ou youtubers que falarán sobre cuestións relacionadas coa creación de contidos en lingua catalá en internet.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Illas Baleares

O Goberno vasco subscribe un acordo para impulsar as producións audiovisuais en éuscaro

O Goberno vasco subscribiu un convenio de colaboración co Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) para promover as producións en éuscaro, así como a súa distribución.

Fonte: Deia

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder