España

Modifican a web Intercat para facilitarlle a introdución á lingua e á cultura catalás ao alumnado estranxeiro matriculado nas universidades de Cataluña

A Consellería de Investigación e Universidades modificou o deseño desta web para facelo máis interactivo e incorporar recursos en liña para que o alumnado aprenda catalán e teña acceso a información sobre cursos e programas de acollida lingüística.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

O Goberno vasco recorrerá a sentenza que permite ser policía local sen o nivel B2 de éuscaro

O Goberno vasco anunciou que vai recorrer a sentenza que permite o acceso ás bolsas de traballo de policía local sen a acreditación do perfil B2 de éuscaro, xa que considera que vai contra o dereito da cidadanía a recibir atención nesta lingua.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

Barcelona acolle unha manifestación contraria á inmersión lingüística en catalán

Arredor de 2800 persoas, segundo a Garda Urbana de Barcelona, participaron na manifestación convocada por colectivos contrarios á inmersión lingüística en catalán e partidarios dunha maior presenza de castelán nas aulas de Cataluña.  

Fonte: El Diario

Cataluña

A Obra Cultural Balear organiza un concurso en TikTok para impulsar o uso do catalán nas redes sociais

Ante o retroceso que sofre o uso social do catalán, especialmente nas redes sociais, a OCB convoca o certame TikCat co obxectivo de fomentar a utilización desta lingua entre a mocidade nas novas tecnoloxías.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

O Goberno vasco organiza programas formativos e de xestión en éuscaro coa colaboración de federacións deportivas

Grazas a esta colaboración poranse en marcha plans de normalización nas federacións de rugby, ximnasia, ciclismo, pelota e surf. Baixo o lema «Kiroletik, bagoaz euskarara» (desde o deporte, avanzamos no éuscaro) levaranse a cabo diferentes accións, como cursos para adestradoras e adestradores.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

O Goberno español solicítalle á Eurocámara que permita o uso do galego, o catalán e o éuscaro nos plenos

O Goberno remitiulle unha carta ao Parlamento Europeo para solicitarlle que permita usar o galego, o catalán e o éuscaro nos plenos e que estas linguas se equiparen ao resto dos idiomas oficiais que empregan as eurodeputadas e eurodeputados.

Fonte: La Vanguardia

Xeral

O Ministerio de Educación impide que o aragonés se converta nunha especialidade docente

O intento de conseguir que se admita o aragonés como especialidade conta coa negativa do Ministerio de Educación por non ser unha lingua cooficial e non considerar suficiente que sexa unha modalidade lingüística protexida.

Fonte: Heraldo

Aragón

A nova lei educativa vasca cambia os actuais modelos lingüísticos por outro no que o éuscaro se converte no eixe central

O Goberno vasco deu a coñecer o primeiro borrador da reforma da lei educativa, cuxa gran modificación é a eliminación dos modelos lingüísticos actuais que se cambiarán por un novo sistema no que o éuscaro constitúa o eixe central, pero no que se fixan uns coñecementos mínimos dos dous idiomas oficiais e a obrigatoriedade de impartir, como mínimo, unha terceira lingua.

Fonte: El Diario

País Vasco

A Academia Valenciana da Lingua presenta unha nova edición do seu dicionario de lingüística

O Museo da Cidade de Valencia acolle a presentación da nova edición do Diccionari de lingüística, unha versión revisada e actualizada desta obra elaborada a comezos dos anos 90 do século XX.  

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

O Goberno balear repartirá folletos de acollida lingüística entre visitantes e poboación acabada de chegar ao arquipélago

O Goberno balear reeditou o material «A l'abast» do que repartirá case 20 000 folletos co obxectivo de facilitarlles un primeiro contacto co catalán a turistas e persoas que acaban de chegar ás illas. Estarán dispoñibles en 14 linguas, as de maior presenza no arquipélago, e complementaranse coa versión oral dos textos en catalán.

Fonte: Crónica Balear

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder