España
Increméntase a competencia lingüística en valenciano entre a sociedade

Segundo unha enquisa do Goberno da Comunidade Valenciana sobre o coñecemento e o uso social do valenciano en diferentes ámbitos sociais, produciuse un aumento xeneralizado da competencia nesta lingua. Así, subiu en seis puntos a porcentaxe de persoas que o saben escribir; case cinco, a das que o saben ler; e máis de tres, a das que o entenden.
Fonte: El Periòdic
O Goberno balear pon en marcha unha campaña para promover o uso social do catalán

A campaña, que ten como lema ‘Mou la llengua’, invita os falantes de catalán a non cambiar de lingua de forma innecesaria e sinala a importancia de que a empreguen en todas as ocasións posibles.
Fonte: Nou Diari
A Universidade do País Vasco presenta 40 novos títulos en éuscaro na Feira de Durango
A Feira de Durango contará cunha caseta do Servizo Editorial da Universidade do País Vasco na que se presentarán 40 novos traballos en éuscaro, entre os que figuran libros de texto ou revistas, entre outros.
Fonte: Universidad del País Vasco
SAGA, o salón do videoxogo en catalán, buscar darlles visibilidade ás iniciativas nesta lingua
Co obxectivo de amosar a escasa presenza do catalán nos videoxogos nace SAGA, un salón no que cincuenta expositores dan coñecer a oferta existente nesta lingua, así como creadores de contidos, asociacións de usuarios e centros de formación.
Fonte: La Vanguardia
Entréganse os premios Lauaxeta de Honor 2022 que recoñecen o labor de difusión internacional do éuscaro
A Deputación Foral de Biscaia entregou os galardóns da XVIII edición dos premios Lauaxeta a persoas e institucións pola súa traxectoria na difusión internacional do coñecemento e o uso do éuscaro.
Fonte: Diputación Foral de Bizkaia
O Goberno balear reparte folletos de acollida lingüística en catalán entre os refuxiados ucraínos
O Goberno balear repartiu case 1000 folletos, baixo o título «A l'Abast», cos que busca atender as necesidades lingüísticas de catalán dos refuxiados e da comunidade ucraína que vive no arquipélago.
Fonte: Crónica Balear
Preséntase un plan para incrementar o consumo audiovisual en catalán
A Corporación Catalá de Medios Audiovisuais (CCMA) presentou o seu novo Plan estratéxico co que pretende aumentar o consumo audiovisual en catalán, así como asegurar o acceso universal a contidos de calidade nesta lingua.
Fonte: Crónica Global
Celébrase o Día Internacional do Éuscaro

O Palacio Europa de Vitoria-Gasteiz acolleu o acto institucional de celebración do Día Internacional do Éuscaro, con motivo do que as tres deputacións forais, os concellos das tres capitais vascas e o Goberno acordaron unha declaración. O acto serviu, ademais para recordar que a Lei básica de normalización do uso do éuscaro cumpre corenta anos.
Fonte: Gobierno Vasco
O Goberno de Aragón pon en marcha un calendario de advento con curiosidades do Nadal en aragonés

Trátase dunha aplicación móbil gratuíta mediante a que podemos dispoñer deste calendario de advento dixital que permite descubrir curiosidades do Nadal en aragonés.
Fonte: El Periódico
Increméntase a partida destinada á lingua asturiana no proxecto de orzamentos para o ano 2023 do Principado
A partida para a promoción do asturiano ascende a 2 535 701 euros para o 2023, fronte aos 2 205 441 deste ano. Malia o incremento, segue a representar o 0,04 % do total do orzamento.
Fonte: La Voz de Asturias
Boletín
Subscríbase ao boletín