España

Denuncian que a Universidade de Oviedo retira o asturiano da súa oferta de idiomas para o curso 2022-2023

A Casa das Linguas da Universidade de Oviedo ofertará para o curso 2022-2023 a ensinanza de 15 idiomas entre os que non figura o asturiano que se substituíu polo ucraíno.

Fonte: Asturies.com

Asturias

A Feira Internacional de Mostras de Asturias contará cun día dedicado á lingua asturiana

A LXV Feira Internacional de Mostras de Asturias (FIDMA) celebrará o 20 de agosto o Día da Lingua Asturiana que se suma ás xornadas dedicadas ao deporte, as persoas maiores, o transporte...  

Fonte: Asturies.com

Asturias

A Generalitat de Cataluña publica novos vídeos de conferencias que explican o informe do Pacto Nacional pola Lingua

Estes vídeos, cuxa duración oscila entre os 8 e os 28 minutos, conteñen conferencias breves do informe Un marc sociolingüístic igualitari per a la llengua catalana, nas que se resumen os puntos máis destacados deste.   

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Segundo unha enquisa, máis da metade das persoas que usan Instagram en Cataluña configuraría esta app en catalán

Máis da metade das persoas usuarias de Instagram en Cataluña configuraría esta app en catalán se ofrecese a opción de facelo, o que supón que a arredor de dous millóns e medio de internautas lles gustaría utilizar a rede social nesta lingua.

Fonte: El Nacional

Cataluña

O Executivo vasco considera aplicable ao éuscaro o acordo entre o Goberno central e o de Cataluña sobre a lingua catalá

O voceiro do Goberno vasco declarou que a protección de todas as linguas do Estado supón unha obriga constitucional, polo que o acordo sobre o catalán alcanzado na mesa de diálogo pode ser extensible ao éuscaro.

Fonte: NIUS

País Vasco

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña recorre ante o Constitucional a lei de uso das linguas nos centros de ensino

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña levará ao Tribunal Constitucional a nova lei de uso das linguas nas escolas e o decreto de proxectos lingüísticos por excluír o castelán como lingua vehicular.  

Fonte: Cadena SER

Cataluña

España presentará unha solicitude oficial para que se poida usar o catalán na Eurocámara

España ten a intención de presentar unha solicitude oficial para que o catalán se converta nunha lingua máis de uso no Parlamento Europeo. Posteriormente, podería ampliar esta solicitude a outras linguas como o galego ou o éuscaro, se os gobernos das respectivas comunidades autónomas así o demandan.

Fonte: Sport

Xeral

Seis entidades financeiras anuncian a creación de espazos para falar en éuscaro

As entidades financeiras que van crear espazos para o uso do éuscaro son as seguintes: Bankoa-Abanca, BBVA, Caixabank, Caja Rural de Navarra, Kutxabank e Laboral Kutxa. Comprométense, así mesmo, a incrementar o emprego desta lingua coa clientela e a participar na terceira edición de Euskaraldia.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

Xeral

O Concello de Beasain impulsará o coñecemento do éuscaro para euscaldunizar a cidadanía do municipio

O Pleno da Corporación aprobou as bases para a concesión de subvencións á poboación de Beasain que estude éuscaro nos euskaltegis o próximo curso e que estarán destinadas a persoas maiores de 16 anos que estean empadroadas no municipio.  

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

A Universidade de Zaragoza amplía a súa oferta formativa de aragonés para o alumnado de grao

O Campus de Huesca anunciou en febreiro a implantación dunha materia complementaria de Lingua Aragonesa para o alumnado de calquera grao. Agora vai ampliar esta oferta para o curso 2022-2023, con dous niveis formativos ao longo dos dous semestres do período académico.

Fonte: El Heraldo

Aragón

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder