España

A Generalitat de Cataluña investirá máis 3,8 millóns de euros en impulsar o catalán na universidade

A conselleira Gemma Geis anunciou que a Generalitat de Cataluña vai destinar 3,8 millóns de euros este curso ao Plan de reforzo da lingua catalá no sistema universitario e de investigación.

Fonte: Magisterio

Cataluña

Convócase un certame de creación de contidos audiovisuais para fomentar o uso do catalán

A Asociación de Medios de Información e Comunicación (AMIC) organiza o certame AMIC Directes, unha iniciativa coa que buscan impulsar o uso do catalán dirixida, principalmente, á xente nova que crea contidos audiovisuais nesta lingua.

Fonte: ExtraDigital

Cataluña

Dúas curtametraxes en éuscaro optan por primeira vez ao Premio Nest do festival Zinemaldia

Despois de 21 edicións, o concurso internacional de curtametraxes de estudantes de cine incluirá, por primeira vez, dúas curtametraxes rodadas en éuscaro. O Premio Nest é concedido polo Zinemaldia e polo centro Tabakalera e, este ano, seleccionou 13 películas das 350 presentadas por 160 escolas de 44 países.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

Ábrese o período de matriculación para os cursos de éuscaro nos centros cívicos de Vitoria

O prazo de matriculación para os cursos de éuscaro do Concello de Vitoria-Gasteiz estará aberto do 5 ao 14 de setembro. Estes cursos van dirixidos a pais e nais, persoas maiores de 55 anos, persoas de orixe estranxeira e persoas empregadas nos sectores do comercio e da hostalería.

Fonte: La Vanguardia

País Vasco

Preséntase un proxecto para dar a coñecer en lingua de signos os municipios de Granada

A Agrupación de Persoas Xordas de Granada e Provincia (Asogra), en colaboración coa Deputación de Granada, desenvolveron un proxecto en lingua de signos para ofrecer información cultural e turística dos municipios da provincia para que esta se converta nun referente en materia de accesibilidade para as persoas deste colectivo. 

Fonte: Granada es Noticia

Andalucía

A Universidade de Oviedo xa inclúe o asturiano na oferta de linguas para este curso

O asturiano inclúese xa na listaxe de 15 idiomas que se poderán aprender na Universidade de Oviedo, xunto ao español para estranxeiros. En concreto, impartirase en multinivel A1-B2 e o número de prazas do curso ascende a 25.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Dúas asociacións culturais inician un proxecto para recuperar o patrimonio musical popular en éuscaro

As asociacións culturais Elutseder do val de Erro e Garaitzeko Asi de Burguete puxeron en marcha unha iniciativa para transmitir cancións populares en éuscaro destas dúas localidades pirenaicas.

Fonte: EITB

Navarra

A Deputación de Badaxoz pon en marcha o programa Assina para dar a coñecer a realidade lingüística de Estremadura

A Deputación de Badaxoz puxo en marcha o programa Assina co que, a través de obradoiros e charlas, quere dar a coñecer e poñer en valor a realidade lingüística de Estremadura nas comarcas pacenses.

Fonte: Región Digital

Estremadura

Convócanse axudas para o fomento do catalán nos ámbitos do comercio, a hostalería e os servizos de Formentera

O Consell de Formentera convocou unha liña de axudas para o fomento do uso do catalán nos sectores do comercio, a restauración, a industria e os servizos da illa que cubrirán gastos como rótulos, carteis, merchandaxe, páxinas web... cun máximo de 1000 euros por beneficiario.

Fonte: Nou Diari

Illas Baleares

Unha cantante arabesa triunfa con versións en éuscaro de dúas das cancións do verán

A cantante Kai Nakai triunfa coas súas versións en éuscaro dos temas Despechá, de Rosalía, e Quédate, de Bizarrap y Quevedo.

Fonte: Noticias de Álava

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder