España
O Goberno de España e a Generalitat de Cataluña acordan impulsar o catalán
Ambos os gobernos chegaron a un acordo para desxudicializar a política e para fomentar e protexer o catalán, con maior autonomía para os centros educativos en Cataluña e a promoción do seu uso no Parlamento Europeo.
Fonte: La Vanguardia
Os gobernos de Baleares, Cataluña, Andorra e Comunidade Valenciana unifican a información necesaria para a acreditación do catalán

Grazas a este acordo, os cidadáns que queiran obter un certificado poden consultar, nas páxinas web de cada goberno, a mesma información sobre a acreditación de coñecementos do catalán (oficialidade dos certificados, niveis e descrición das probas).
Fonte: Diario de Mallorca
O Concello de Galdakao lanza unha campaña para impulsar o éuscaro no comercio, na hostalaría e no ámbito deportivo

Co obxectivo de espertar o interese polo uso do éuscaro na localidade, o Concello crea a iniciativa 'Gu be bai!', para que os clubs deportivos, os comercios e a hostalaría incorporen esta lingua no seu día a día, como, por exemplo, nas súas redes sociais, sinalizacións e sistemas de emisión de facturas.
Fonte: El Correo
Ábrese o prazo de inscrición para os cursos de catalán do Consorcio para a Normalización Lingüística
O Consorcio para a Normalización Lingüística ofrece máis de 1300 cursos a partir de setembro, de todos os niveis e, na súa maioría, niveis iniciais e básicos, que van dirixidos a persoas con ningún ou poucos coñecementos desta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Arranca unha nova campaña nas redes para que os servizos de Google estean en catalán
Co cancelo #Googleencatalà, varios perfís destacados da promoción do catalán en Internet coordínanse para pedir que se manteña o uso do catalán nas novas tecnoloxías de Google. Os activistas denuncian que non se ofreza un asistente de voz nesta lingua ou que o occitano non teña presenza en ningún servizo da mutinacional.
Fonte: El Nacional.cat
CineCiutat proxectará películas en catalán polas mañás ao longo do verán

O cine informou que, co seu ciclo “CineCiutat, bon dia”, proxectará películas en catalán ou subtituladas nesta lingua dúas mañás por semana durante o verán para aumentar a oferta lúdica e cultural de Palma en horario matinal e contribuír ao obxectivo do cine de normalizar e ampliar o uso da lingua catalá na cultura e no ocio.
Fonte: Mallorcadiario.com
As rúas da localidade de Lodosa estarán en éuscaro e castelán
Coa iniciativa de Lodosa Bizirik, unha entidade que dinamiza o uso do éuscaro, a súa normalización e a cultura navarra, o Concello de Lodosa colocará 154 novas placas nesta lingua e en castelán en 78 rúas, prazas e avenidas. Afirman que este cambio é unha das accións que necesitan para dar visibilidade e normalizar o éuscaro na localidade.
Fonte: Noticias de Navarra
A plataforma EITBPodkast estrea audiocontos e videopodcasts infantís en éuscaro

Ao longo desta semana, a plataforma publicará cinco novos contos infantís en éuscaro das editoriais OQO e Txalaparta, en formato podcast e videopodcast, e que van dirixidos a nenos, nenas e ás súas familias. Tamén estarán dispoñibles en Spotify ou Google Podcasts e con ilustracións animadas en YouTube.
Fonte: eitb.eus
O Goberno balear lanza unha campaña para que os dispositivos electrónicos recoñezan a diversidade lingüística do catalán

O Goberno balear pide á sociedade que grave as súas voces para crear unha base de datos que se facilitará ás empresas tecnolóxicas co obxectivo de que os dispositivos electrónicos entendan o catalán en toda a súa diversidade lingüística.
Fonte: Diario de Mallorca
Plataforma pola Lingua pide que se investigue a desatención a un paciente por falar en valenciano

Plataforma pola Lingua reclama á Consellería de Sanidade Universal que investigue o caso no que un médico do centro de saúde de Quart de Poblet (Valencia) se negou a atender un paciente falante de valenciano, incluso despois de que comezase a expresarse en castelán.
Fonte: 20 minutos
Boletín
Subscríbase ao boletín