España

O Censo de entidades de fomento da lingua catalá conta con 33 novas incorporacións

O censo alcanza este ano a cifra de 303 entidades, que pertencen, entre outros, ao ámbito cultural, ao científico, ao tecnolóxico, ao da integración social, ao do ocio e do deporte.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Publícase un documental sobre o uso do catalán na xustiza

ElNacional.cat presenta Diagnòstic crític: radiografía del catalán en la justicia, en colaboración co Departamento de Xustiza da Generalitat de Cataluña. O minidocumental pretende dar a coñecer a situación da lingua catalá nos xulgados e en calquera trámite relacionado coa xustiza e ofrecer unha resposta analítica á súa regresión lingüística. Ademais, conta co testemuño de avogados, xuíces e funcionarios da Administración de Xustiza, entre outros.

Fonte: El Nacional.cat

Cataluña

Diminúe o número de mozos e mozas que usan o catalán en Internet

Segundo a enquisa sobre o uso das TIC publicada polo Idescat, o instituto de estatística de Cataluña, a cifra de mozos e mozas que usan o catalán para enviar mensaxes a través do móbil e nas redes sociais baixou no ano 2021.

Fonte: Ara

Cataluña

Iniciativa polo Asturiano propón a habilitación en lingua asturiana dos guías turísticos

Iniciativa polo Asturiano propón que os guías turísticos se formen na súa propia lingua, posto que unha certificación do coñecemento da lingua asturiana engadida á oferta turística permite a promoción e normalización social do asturiano, o coñecemento e a formación nesta lingua e darlle máis valor e prestixio.

Fonte: Asturies.com

Asturias

A nova edición da Estancia Lingüística en Valencia acolle 30 estudantes do exterior

A Academia Valenciana da Lingua (AVL) e o Instituto Ramon Llull organizan unha nova edición da Estancia Lingüística en Valencia na que participan trinta estudantes do valenciano de todo o mundo, co obxectivo de mellorar a súa competencia lingüística e os seus coñecementos culturais a través de cursos, conferencias e visitas, entre outras actividades.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

Varios centros educativos cataláns modificarán os seus proxectos lingüísticos

Despois de responder a unha serie de preguntas sobre a compaxinación do catalán e do castelán, un 16 % dos centros educativos cataláns terá que cambiar o seu proxecto lingüístico para adaptarse á nova normativa e ao novo decreto aprobado polo Goberno de Cataluña, que establece o catalán como lingua vehicular do sistema educativo e que tamén permite incluír o castelán como vehicular.

Fonte: El Nacional.cat

Cataluña

Aumenta a oferta de cursos de catalán para funcionarios da Escola Balear de Administración Pública

O Goberno balear comprométese a aumentar a oferta de cursos de catalán da Escola Balear de Administración Pública para os funcionarios, que terán que presentarse obrigatoriamente ás probas organizadas por esta escola e a Dirección Xeral de Política Lingüística para obter o certificado de coñecementos da lingua catalá correspondente.

Fonte: Crónica Balear

Illas Baleares

O Goberno vasco destina dous millóns de euros para incrementar o uso do éuscaro nos centros de traballo

O Goberno vasco aprobou a convocatoria de axudas dirixida a fomentar o uso e a presenza do éuscaro nos centros de traballo de sectores privados. Algunhas das actividades que se subvencionan son o diagnóstico da situación desta lingua e o desenvolvemento de proxectos lingüísticos estratéxicos.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

Solicitan que o alumnado xordo de Cataluña teña unha educación de calidade en lingua de signos en catalán e castelán

As entidades que representan o alumnado xordo escolarizado en Cataluña piden unha educación bilingüe en catalán e castelán de calidade, para todas as etapas educativas e con profesionais competentes en lingua de signos. O obxectivo das familias que forman parte destas entidades é recibir orientacións para a comunicación ou socialización dos seus fillos e das súas fillas e que adquiran unha competencia plurilingüe.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

O Concello de Manacor promove o uso do catalán no ámbito da contratación

O pleno do Concello de Manacor aproba a inclusión de cláusulas lingüísticas nos pregos de condicións da contratación de obras e servizos para fomentar o uso público da lingua catalá, de modo que as empresas contratadas deberán garantir o seu uso nos bens, obras e servizos obxecto do contrato.

Fonte: Última hora

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder