España
Volve a Formentera o programa de voluntariado lingüístico «Parlam?»
O Servizo de Asesoramento Lingüístico de Formentera organiza novamente o programa de voluntariado lingüístico «Parlam?», mediante o que se porán en contacto persoas que saben catalán con outras que queiran aprendelo ou simplemente practicalo.
Fonte: Formentera Avui
O Concello de Bilbao organiza un programa de lecer en éuscaro para o Nadal
"Hala Birala!" é un programa gratuíto dirixido a menores de 11 e 12 anos que ten como obxectivo que este colectivo se divirta mentres aprende novas habilidades e adquire novas competencias ao tempo que se fomenta o éuscaro.
Fonte: Ayuntamiento de Bilbao
Celébrase unha nova edición de La Trobada, unha iniciativa de inmersión lingüística no aragonés
Do 25 ao 27 de novembro celébrase en Hecho e Siresa a décima edición de La Trobada, un encontro no que se lle ofrecen espazos en aragonés á comunidade de falantes co obxectivo de mostrar que esta lingua se pode usar en todos os ámbitos.
Fonte: El Diario
Unha nova edición do InformeCAT recolle datos sobre a situación actual do catalán en todo o dominio lingüístico
Plataforma per la Llengua publica a undécima edición do InformeCAT, con datos sobre o estado do catalán en Cataluña, as illas Baleares e a Comunidade Valenciana. No estudo analízanse variables como a transmisión lingüística interxeracional ou o cambio dos catalanfalantes ao castelán cando alguén lles fala nesta lingua.
Fonte: Plataforma per la Llengua
O Concello de Pamplona e a Real Academia da Lingua Vasca asinan un convenio para a promoción do éuscaro
Por medio deste convenio para o asesoramento lingüístico e o fomento do éuscaro, a Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia recibirá do Concello de Pamplona 12 000 euros en concepto de subvención nominativa.
Fonte: Ayuntamiento de Pamplona
A comunidade xorda e xordocega pide que se respecten os seus dereitos lingüísticos
A comunidade xorda e xordocega sinalou que para que se respecten os seus dereitos lingüísticos se debe incrementar a presenza pública da lingua de signos, así como a súa protección legal e administrativa.
Fonte: Servimedia
O Goberno do Principado pon en marcha un encontro cultural sobre o eonaviego
Xuntoiro é un encontro cultural que inclúe propostas literarias, musicais e escénicas que ten como obxectivo mostrar a creatividade en eonaviego. Celebrarase na Veiga/Vegadeo entre os días 26 de novembro e 3 de decembro.
Fonte: Principado de Asturias
Arranca a terceira edición de Euskaraldia animando a usar o éuscaro en todos os ámbitos

O Parlamento vasco foi o escenario do comezo da terceira edición de Euskaraldia, pola que durante quince días se anima a usar o éuscaro en todos os ámbitos máis alá desta iniciativa.
Fonte: Cadena Ser
Preséntase 'Euskararen Gogoetagunea', un espazo de reflexión sobre o futuro do éuscaro
A Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia presentou 'Euskararen Gogoetagunea', un espazo de reflexión que ten como obxectivo analizar a perspectiva de futuro do éuscaro.
Fonte: Deia
Preséntase unha proposición non de lei para que Google Maps use os topónimos das Baleares en catalán
MÉS per Mallorca presentou unha proposición non de lei no Parlamento balear para que na versión en castelán da aplicación de Google Maps se inclúan os topónimos do arquipélago en catalán.
Fonte: Crónica Balear
Boletín
Subscríbase ao boletín