España
O Goberno de Navarra destinará axudas á dixitalización de medios de comunicación en éuscaro
Por vez primeira, convocaranse axudas económicas á transformación dixital e á innovación dos medios de comunicación que publican os seus contidos integramente en éuscaro, para o que se destinarán 246 000 euros.
Fonte: Gobierno de Navarra
O Goberno vasco calcula un prazo de dez anos para garantir a atención en éuscaro á cidadanía
O Goberno vasco prevé un horizonte temporal de dez anos para garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía na súa relación coa Administración no marco do proxecto para a renovación do decreto que regula a normalización do uso do éuscaro no sector público.
Fonte: EITB
A Confederación Nacional de Persoas Xordas reivindica o recoñecemento das linguas de signos españolas
Co gallo da celebración do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, a CNSE demanda a aprobación da lei que recoñece estas linguas e regula os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas.
Fonte: Fuentes Informadas
Publícase a convocatoria para a concesión de axudas á edición de audiolibros en catalán e occitano

O Instituto Catalán das Empresas Culturais publicou a convocatoria para a concesión de axudas á edición de audiolibros en catalán e occitano, que ten como obxectivo apoiar a publicación de audiolibros nestas linguas.
Fonte: Publish News
A información sociolingüística dos municipios de Cataluña estará dispoñible como datos en aberto
Os datos sociolingüísticos dos municipios cataláns dispoñibles en #Català947 publicáronse no portal Dades Obertes da Generalitat de Cataluña, un cambio que servirá para que esta información estea nun formato reutilizable para que poidan empregalos outros programas ou aplicacións.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno vasco crea unha app para medir o nivel de lectura en éuscaro e castelán
Tras detectar que a competencia lectora segue a ser unha materia pendente en Euskadi, o Departamento de Educación desenvolveu a aplicación ITT para medir o rendemento en lectura do alumnado de Primaria tanto en éuscaro como en castelán.
Fonte: Deia
Unha campaña de promoción do catalán da Generalitat de Cataluña recibe un premio Impacte

A campaña "Provem-ho en català", que busca fomentar o hábito de falar en catalán, resultou gañadora dun premio Impacte na categoría “Impacte de la producció”.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A canle 3/24 ofrece un novo espazo informativo en aranés para toda Cataluña

O novo programa diario, que permite aumentar os contidos televisivos informativos en aranés producidos pola Corporación Catalá de Medios Audiovisuais, emitirase con subtítulos para facilitar a aprendizaxe do aranés aos aprendices e facelo accesible ás persoas con dificultades auditivas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Unha manifestación en Pamplona reclama a oficialidade do éuscaro en toda Navarra
Miles de persoas esixen que todos os navarros e navarras poidan empregar o éuscaro nunha manifestación de ambiente festivo, convocada pola plataforma Sorionekuak.
Fonte: Noticias de Navarra
A editorial Rubio presenta a súa colección de cadernos escolares en éuscaro para as vacacións

A colección “Oporrak Euskara”, de exercicios escolares para o verán en éuscaro, completa a oferta da editorial en todas as linguas cooficiais de España. Con estes cadernos, proponse tarefas de investigación, innovación e experimentación dirixidas ao alumnado do último curso de Educación Infantil ata 5.º de Primaria, para que poñan en práctica os seus coñecementos e se divirtan durante as vacacións.
Fonte: NIUS
Boletín
Subscríbase ao boletín