España

O Centro de Congresos de Elx acolle unha mostra sobre a lingua e a cultura valencianas

Ata o 24 de xaneiro poderá visitarse no Centro de Congresos a exposición «Teixim llaços des del sud del sud» que pon en valor a riqueza cultural e lingüística valenciana a través de 12 paneis e un documental.

Fonte: El Periódic

Comunidade Valenciana

O Goberno de Navarra presenta unha nova campaña para impulsar a aprendizaxe do éuscaro entre a poboación infantil

A campaña de impulso da aprendizaxe do éuscaro entre a poboación infantil, que se desenvolverá entre o 13 e o 29 de xaneiro, está destinada a familias navarras e ten como lema «Regálalles o éuscaro e chegarán moi alto / Euskararekin, gora eta gora beti!».

Fonte: Gobierno de Navarra

Navarra

A Generalitat de Cataluña ofrece 11 000 prazas para a obtención de certificados oficiais de catalán

No mes de xaneiro ábrese a inscrición ás probas para a obtención dos certificados de catalán. Publicouse a resolución da convocatoria que ten prevista a inscrición dun máximo de 7000 persoas ao certificado de nivel superior (C2) e de 4000 ao resto de certificados.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Goberno do Principado edita o primeiro mapamundi en asturiano

O primeiro mapamundi en asturiano, cun formato de 70x100 centímetros, inclúe os nomes dos países e das súas capitais neste idioma, seguindo a nomenclatura establecida pola Academia da Lingua Asturiana.

Fonte: Gente

Asturias

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña ordena incrementar a presenza do catalán nun centro educativo de Barcelona

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña ordenou a unha nova escola de Barcelona incrementar as horas de docencia en castelán, aínda que sen mencionar porcentaxes. Así, ademais da materia de Lingua Castelá, deberá impartir unha troncal adicional neste idioma.

Fonte: El País

Cataluña

O Goberno de Aragón produce unha miniserie de debuxos animados para aprender nocións básicas de aragonés

Baixo o título de Moñacos (bonecos en aragonés), os dez capítulos desta miniserie, de pouco máis dun minuto de duración cada un, tratan aspectos básicos para aprender esta lingua, como saúdos, despedidas, partes do corpo, animais, familia etc.

Fonte: La Vanguardia

Aragón

A sexta versión do dicionario en liña da lingua aragonesa incrementa o número de entradas

A nova versión do Aragonario incorpora tres vocabularios temáticos, así como unha revisión xeral que permitiu engadir 4660 entradas no enderezo aragonés-castelán e 3576 no enderezo castelán-aragonés.

Fonte: AraInfo

Aragón

O Goberno vasco rebaixa os criterios para a obtención por parte das empresas dos certificados de éuscaro

O Executivo vasco decidiu rebaixar os criterios e os procedementos para a obtención do certificado Bikain de xestión do éuscaro, xa que, dende a súa creación, no ano 2007, só 400 entidades lograron esta acreditación lingüística.

Fonte: El Independiente

País Vasco

Máis de 50 000 persoas das Illas Baleares non empregan ningunha das dúas linguas oficiais do arquipélago para relacionarse

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, máis de 50 000 persoas no arquipélago balear non emprega nin o catalán nin o castelán parar relacionarse. Tras as dúas linguas oficiais sitúanse o inglés, o árabe, o alemán ou o italiano.

Fonte: Última Hora

Illas Baleares

Convócase un premio literario para obras de non ficción en catalán

A editorial Ara Llibres abriu a convocatoria dun novo premio literario para obras de non ficción en catalán, co gallo da celebración do vixésimo aniversario do seu nacemento. O obxectivo é xerar contidos sólidos e de calidade literaria que se convertan en referentes do xénero e cheguen a un público numeroso.

Fonte: Publishnews

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder