España
O Concello de Valencia impulsará un plan para garantir a igualdade lingüística do valenciano
O Gabinete de Normalización Lingüística decidiu tomar medidas urxentes dada a situación do valenciano na cidade, xa que unha enquisa recente mostra que os datos de uso son preocupantes e mostran o desequilibrio que existe con respecto ao castelán.
Fonte: Levante-EMV
O Termcat publica un dicionario do turismo con 1200 termos en catalán acompañados das súas equivalencias en varias linguas

O Diccionari de turisme, impulsado desde a Generalitat de Cataluña coa colaboración do Goberno de Andorra, ofrece 1200 termos en catalán, acompañados de definicións e notas complementarias e as equivalencias en castelán, francés, inglés e alemán.
Fontes: Generalitat de Cataluña
A Generalitat de Cataluña pon en marcha un proxecto para mellorar a comunicación da Administración coa cidadanía

A Guia de llenguatge planer é a primeira das accións deste proxecto, unha guía que ofrece consellos, exemplos e outros recursos co obxectivo de mellorar a comunicación da Administración coa cidadanía mediante o uso dunha linguaxe clara e inequívoca que facilite a compresión da información que se facilita.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Unha campaña denuncia que o navegador Google prioriza os resultados de busca en castelán, aínda que se realicen en catalán

Os usuarios denuncian que, malia ter o navegador configurado en catalán, este prioriza os resultados en castelán. Google, pola súa banda, admite este problema e afirma que está a traballar na procura de solucións.
Fonte: Públic
O coñecido paquete de solucións de xestión empresarial SAP xa ten versión en éuscaro
O Departamento de Economía e Facenda do Goberno vasco xa conta coa versión en éuscaro do software de xestión empresarial SAP, grazas á primeira tradución da ferramenta a esta lingua realizada polo grupo LKS Next.
Fonte: La Vanguardia
Asínase un novo acordo para crear sinerxías en favor do éuscaro e do coñecemento
A Sociedade de Estudos Vascos (Eusko Ikaskuntza) e a asociación Euskaltzaleen Topagunea Federazioa comprométense a colaborar en proxectos de interese mutuo durante os próximos catro anos para acadar os obxectivos de cada unha delas.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Publícase en liña un dicionario da mediación con 660 termos en catalán
O Diccionari de la mediació, publicado polo Termcat e o Departamento de Xustiza, Dereitos e Memoria, inclúe 660 termos e 756 denominacións en catalán coas súas equivalencias en castelán e inglés, así como definicións e notas complementarias.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat de Cataluña publica unha nova guía para aprender catalán dirixida á comunidade de fala hindi

Aprenem català des de l’hindi é o décimo primeiro volume da colección “Aprenem català des de...”, que está dirixido á poboación catalá que ten o hindi como lingua habitual, unhas 29 000 persoas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco anula a orde que fixa horas mínimas de éuscaro nos colexios internacionais
A orde do Goberno vasco fixa o currículo e as horas mínimas de lingua e literatura española e vasca, que alcanzan as 1050 para cada unha. O TSXPV considera na súa sentenza que se prescindiu do trámite de consulta previa para que os centros afectados presentasen alegacións.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Reeditan a publicación 'Viure a les Illes Balears' para persoas que acaban de chegar ás Baleares e non saben falar catalán

O Goberno balear e o Instituto de Estudos Baleáricos (IEB) reeditaron a publicación Viure a les Illes Balears, un vocabulario en imaxes con palabras referidas a situacións comunicativas da vida cotiá que ten como obxectivo darlles a coñecer a realidade lingüística do arquipélago aos novos residentes.
Fonte: GOIB
Boletín
Subscríbase ao boletín