Mundo
Preséntase en Francia o Colectivo de Teatros en Linguas Autóctonas
Con motivo da celebración da Xornada Internacional dos Pobos Autóctonos pola Unesco, fundouse na cidade francesa de Rodez o Colectivo de Teatros en Linguas Autóctonas co obxectivo de promover a obra teatral nos idiomas rexionais de Francia.
Fonte: Jornalet
Un proxecto de Google Earth conciencia sobre a diversidade lingüística en perigo
Usuarios e usuarias de Google Earth poden escoitar falantes de máis de 50 idiomas nativos de todo o mundo grazas ao proxecto "Celebrating Indigenous Languages" lanzado co gallo do Ano Internacional das Linguas Indíxenas das Nacións Unidas.
Fonte: CBC
Un grupo de artistas de Francia mobilízase a favor das linguas rexionais
Un grupo de artistas falantes de linguas minorizadas de diferentes territorios franceses con idioma propio mobilizouse para obter unha emisión musical en diferentes linguas rexionais na televisión francesa.
Fonte: Le Peuple Breton
A Unesco declara Bolivia país libre de analfabetismo
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) declarou nun informe que Bolivia presenta unha taxa de analfabetismo inferior ao 4 % polo que pasa a estar considerado como país alfabetizado grazas a un método que seguiron anteriormente países como Cuba e Venezuela.
Fonte: Buen Diario
Unha asociación a prol da lingua galesa quere lanzar unha campaña para incrementar a presenza do galés en internet

A asociación a prol da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith compara a importancia que ten a presenza do galés nas redes coa tradución da Biblia a esta lingua e anuncia que lanzará unha campaña para fomentar o uso do galés no mundo dixital para garantir o acceso das novas xeracións ás novas tecnoloxías na lingua vernácula.
Fonte: BBC
O 60 % da cidadanía de Mozambique non ten acceso ás leis do país por non falar portugués
A Comisión dos Dereitos Humanos da Orde dos Avogados de Mozambique lembrou a importancia de difundir as leis nas linguas locais do país africano xa que actualmente un 60 % da cidadanía non ten acceso a elas porque non fala portugués.
Fonte: Deutsche Welle
Francia quere reforzar a lei Toubon para obrigar as empresas de publicidade a que usen o francés
O Goberno de Francia aprobaba hai décadas a lei Toubon con que se obrigaba as empresas a empregar a lingua francesa nos anuncios publicitarios. Nun intento por protexer o francés do uso crecente de anglicismos, o ministro de Cultura de Francia, Franck Riester, anunciou agora medidas para garantir que se cumpra a lei tamén nas plataformas dixitais.
Fonte: The Guardian
Ábrese o período de inscrición para os exames de portugués como segunda lingua no Brasil

Ábrese o prazo de inscricións para os exames que dan acceso ao certificado de proficiencia en portugués como lingua estranxeira, o único recoñecido oficialmente polo Goberno do Brasil.
Fonte: Acorda Cidade
A comunidade portuguesa de Alemaña quere reforzar o ensino do portugués no país
A comunidade portuguesa residente en Alemaña pedirá ao presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, que o goberno portugués reforce o ensino da lingua portuguesa para que as novas xeracións manteñan o vínculo con Portugal.
Fonte: País ao Minuto
Un municipio do estado brasileiro de Mato Grosso aproba a oficialización das súas linguas indíxenas
O municipio brasileiro de São Félix do Araguaia, no estado de Mato Grosso, acollerase á lei 3074/19 para aprobar a cooficialización das linguas indíxenas faladas polas etnias que habitan este territorio.
Fonte: Câmara dos Deputados
Boletín
Subscríbase ao boletín