Mundo
Unha profesora da Universidade de Leiden defende que o inglés non é unha lingua estranxeira nos Países Baixos
Unha profesora da Universidade de Leiden considera que o inglés xa non pode considerarse unha lingua estranxeira nos Países Baixos, tal como o demostra non só o alto dominio desta lingua por parte da poboación senón a forte presenza de cursos impartidos en inglés no sistema educativo.
Fonte: Dutch News
Un estudo revela que as persoas con autismo poderían beneficiarse da aprendizaxe dunha segunda lingua
Un estudo da Universidade McGill defende que as persoas con autismo que son bilingües teñen moitas máis facilidades para adquirir coñecemento que as monolingües.
Fonte: Independent
O presidente de Macedonia detén a lei que oficializa a lingua albanesa
O presidente de Macedonia, Gjorge Ivanov, vetou a lei que converte a lingua albanesa en segundo idioma oficial xa que podería ser un atranco para a unidade do país balcánico.
Fonte: Deutsche Welle
O valedor do pobo do País de Gales non poderá responder queixas que teñan que ver coa lingua galesa
O Goberno de Gales rexeitou unha proposta que lle permitiría que o actual valedor do pobo de Gales, Nick Bennett, puidese tratar queixas relacionadas coa lingua galesa.
Fonte: BBC
O Diario Oficial de Francia suxire novas alternativas para evitar o uso de anglicismos
O Diario Oficial da República de Francia, a través da Comisión de Enriquecemento da Lingua Francesa, publicou un anuncio onde propón alternativas a expresións ou palabras anglófonas. O último exemplo ten que ver coa palabra "smartphone" que se debería dicir agora "mobile multifonction".
Fonte: 20 minutes
Un informe revela que as linguas nativas de Alasca poden desaparecer antes de que remate o século
Un informe elaborado por unha comisión do estado norteamericano de Alasca (EUA) revelou que, se non se toman medidas urxentes, as súas linguas vernáculas poden desaparecer antes de finais do século.
Fonte: Xinhua
Un informe revela que o irlandés é insignificante nas estacións de radio da República de Irlanda
Un estudo revela que a presenza do gaélico irlandés nas estacións de radio da República de Irlanda é insignificante, a pesar de que existe a obriga legal de incluír espazos nesta lingua.
Fonte: Irish Examiner
Un de cada cinco británicos quere aprender unha lingua estranxeira
De acordo cun estudo realizado polo British Council, un de cada cinco británicos ten pensado estudar unha lingua estranxeira ao longo deste ano. O español figura como lingua de preferencia, seguida do francés, italiano e alemán.
Fonte: Language Magazine
Unha universidade de Dublín publica un curso de lingua gaélica destinado a emigrantes irlandeses no estranxeiro
O curso "Irlandés 101" da Universidade Cidade de Dublín destínase á comunidade de emigrantes irlandeses e versará sobre aspectos lingüísticos, culturais e literarios para principiantes.
Fonte: Irish Times
O Brasil garda un tesouro lingüístico que está desaparecendo no Xapón, o seu lugar de orixe
O estado brasileiro de São Paulo aínda conserva falantes dunha lingua orixinaria do Xapón, concretamente da provincia de Okinawa. O idioma foi levado por emigrantes desta rexión nipoa ao Brasil e está en perigo no seu lugar de orixe.
Fonte: BBC Brasil
Boletín
Subscríbase ao boletín