Mundo
Unha iniciativa popular busca o apoio da Unión Europea para protexer as minorías lingüísticas
A Unión Federal de Nacionalidades Europeas (FUEN) presentou unha iniciativa a nivel continental que pretende conseguir o compromiso da Unión Europea na protección dos dereitos lingüísticos das minorías de Europa.
Fonte: Sermos Galiza
O presidente de Francia rexeita que o corso poida ser declarado oficial
O presidente da República de Francia defendeu que se poida facer unha mención especial a Córsega na Constitución, mais rexeitou que o corso poida ser declarado lingua cooficial.
Fonte: Le Parisien
Cabo Verde quere recoñecer a oficialidade da lingua caboverdiana
O Instituto do Patrimonio Cultural (IPC) do Ministerio de Cultura de Cabo Verde quere que o novo marco constitucional recolla a oficialización da lingua caboverdiana para poder incluíla no patrimonio inmaterial nacional.
Fonte: Expresso das Ilhas
Casaquistán quere mudar o alfabeto cirílico polo latino
O Goberno de Casaquistán adoptou un decreto para abandonar o alfabeto cirílico e adoptar o latino na escrita da lingua casaca, medida que levantou unha grande polémica.
Fonte: Equal Times
Os escolares de Islandia mostran dificultades de comprensión na súa lingua materna
Os últimos datos ofrecidos polo informe PISA (Programa Internacional para a Avaliación de Estudantes) mostran que os escolares islandeses teñen menos destrezas á hora de entender e interpretar textos na súa lingua materna.
Fonte: The Reykjavik Grapevine
Nace unha aplicación móbil para estudantes chineses de portugués
O Instituto Politécnico de Macau (IPM) creou a aplicación para dispositivos móbiles "Diz lá", pensada para estudantes chineses que aprendan portugués.
Fonte: Sapo 24
A Casa Branca segue sen ofrecer o seu sitio web en lingua española
A Casa Branca leva sen ofrecer o seu sitio web en español desde que Donald Trump foi declarado presidente dos EUA e a responsable dos medios de comunicación, Helen Aguirre, non é quen de confirmar se existe un proxecto para traducila a esta lingua no futuro.
Fonte: Quartz
Un proxecto de aprendizaxe do inglés nos EUA busca a integración de refuxiados no ensino
Un proxecto de clases extraescolares de inglés desenvolvido na cidade estadounidense de Pittsburgh (Pensilvania) busca facilitar a integración dos fillos e fillas de persoas refuxiadas de Siria, Iraq e República Democrática do Congo no sistema educativo.
Fonte: WESA
Asinan un acordo para a promoción do francés a nivel internacional
Representantes de todos os países de fala francesa reuníronse en París para asinar un compromiso para promover a cultura e lingua francesas en todo o mundo.
Fonte: The Straits Times
Crean unha aplicación que traduce contido escrito e oral á lingua de signos
Un grupo de mozos e mozas de México creou unha aplicación para traducir texto e voz á lingua de signos mexicana co fin de facilitar a comunicación das persoas xordas.
Fonte: El Mundo de Córdoba
Boletín
Subscríbase ao boletín