Mundo

Unha rapaza emprende un proxecto de inmersión para salvar a lingua dakota

Unha licenciada en Ciencias da Educación de Minnesota (EUA) quere abrir unha escola infantil de inmersión para salvar da extinción a lingua dakota, falada actualmente por só cinco persoas.

Fonte: The Christian Science Monitor

O Reino Unido omite datos sobre o gaélico irlandés e o scots de Irlanda do Norte nun informe

O Goberno do Reino Unido omitiu nun informe para o Consello de Europa datos sobre a promoción e uso de dúas linguas faladas baixo a súa xurisdición: o gaélico irlandés e o scots de Irlanda do Norte.

Fonte: BBC

Suráfrica oficializa a lingua de signos surafricana no ensino

O Goberno de Suráfrica converteu a lingua de signos surafricana en idioma oficial e curricular do ensino. A partir de agora, o alumnado con problemas auditivos ten dereito a recibir contidos e ser avaliados nesta lingua.

Fonte: The Citizen

Unha actriz premiada nos Óscar agradece o galardón cun discurso en lingua de signos

A actriz británica, Rachel Shenton, empregou a lingua de signos no seu discurso de agradecemento polo Óscar á mellor curtametraxe por The Silent Child.

Fonte: BuzzFeed

Escocia recibirá 3 millóns de libras para implantar o seu novo modelo de ensino de linguas

O Goberno de Escocia anunciou que vai recibir unha axuda de 3 millóns de libras esterlinas para poder implementar o seu novo sistema de ensino de linguas na educación pública.

Fonte: The Sunday Post

A maioría das linguas indíxenas de México está en risco de desaparición

México corre o risco de perder o 60 % das súas linguas indíxenas a pesar de ser o segundo país de América Latina con maior diversidade cun total de 11 familias lingüísticas.

Fonte: Notimérica

O Goberno nipón destinará axudas a Malaisia para paliar a falta de profesorado de xaponés

O Goberno do Xapón, a través da súa embaixada en Kuala Lumpur, destinará axudas para paliar a falta de profesorado de xaponés que existe en Malaisia, a pesar do crecente interese que esta lingua está espertando entre a poboación.

Fonte: The Japan Times

O Goberno de Australia esixirá probas de inglés máis duras para as persoas que desexen obter a nacionalidade

O Goberno de Australia, en palabras do seu ministro de Cidadanía, Alan Tudge, imporá a superación de probas de inglés máis estritas para as persoas que desexen obter a nacionalidade australiana.

Fonte: SBS

Unha petición demanda que a lingua de signos británica sexa integrada no currículo educativo

Máis de 32 000 sinaturas no Reino Unido apoian unha petición en liña que demanda que a lingua de signos británica poida integrarse como materia no currículo do primeiro ciclo de secundaria.

Fonte: BBC

A Casa Branca reúnese cos partidarios de oficializar a lingua inglesa nos EUA

Empregados da Casa Branca reuníronse con representantes de ProEnglish, o colectivo que demanda que o inglés se converta en lingua oficial dos EUA.

Fonte: Review Journal

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder