Mundo
A aprendizaxe de linguas estranxeiras diferentes ao inglés cae en Finlandia
O estudo das linguas estranxeiras diferentes ao inglés, como o sueco, o alemán e o francés, segue diminuíndo en Finlandia, tal como mostran as baixas matrículas que se rexistran no ensino secundario do país nórdico.
Fonte: YLE
O Goberno do País de Gales fomentará a aprendizaxe da lingua galesa no ámbito laboral
No marco do seu programa de promoción da lingua galesa para acadar o millón de falantes en 2050, o Goberno do País de Gales destinará cartos públicos ao fomento da aprendizaxe do galés no ámbito laboral entre a poboación adulta.
Fonte: FreePress
O Senado de Paraguai incorporará o guaraní en documentos e informacións oficiais
A Cámara de Senadores subscribiu un convenio coa Fundación Yvy Marae’y co obxectivo de incorporar a utilización do guaraní nas actividades lexislativas, así como en documentos e informacións da Cámara Alta. Con este acordo preténdese conseguir un uso equilibrado e equitativo das dúas linguas oficiais de Paraguai: o castelán e o guaraní.
Fonte: Itapúa Noticias
O inglés colle forza nas universidades dinamarquesas
O alumnado universitario dinamarqués ten cada vez máis materias en inglés. De acordo coa oficina estatística do país escandinavo, un 43 % dos universitarios e universitarias recibe xa as clases nesta lingua.
Fonte: CPH Posto Online
Rusia critica con dureza a nova lei letoa que obriga a instruír en letón nas escolas
Representantes do Ministerio de Asuntos Exteriores de Rusia informaron de que a nova lei do Goberno de Letonia que obriga as escolas das minorías lingüísticas a instruír en letón podería empeorar as relacións bilaterais entre os dous países.
Fonte: The Baltic Times
A lingua portuguesa sairá reforzada no espazo iberoamericano
A Organización dos Estados Iberoamericanos e os Institutos Politécnicos asinaron un acordo para reforzar a lingua portuguesa no espazo iberoamericano.
Fonte: Diário de Notícias
Iniciativas musicais e tecnolóxicas buscan en México preservar a lingua náhuatl
Moitas das 364 linguas que se falan en México están en risco de desaparecer, razón pola que se están a pór en marcha numerosas iniciativas destinadas á súa preservación. Desde o ámbito tecnolóxico deseñaron unha aplicación para aprender a falar e escribir náhuatl. E desde o musical, o grupo Rockercoatl distínguese por interpretar música tamén nesta lingua.
Fonte: La Vanguardia
As cidades libias de poboación bérber demandan que o seu idioma teña carácter legal
As cidades libias con poboación bérber queren aprobar unha ordenanza municipal para que o tamazight poida empregarse nos sinais e edificios públicos e privados. Ata o momento, a cidade de Zuwara aplicou xa esta norma.
Fonte: The Libya Observer
O presidente de Letonia aproba a reforma que introduce o ensino en letón nas escolas das minorías lingüísticas
O presidente de Letonia, Raimonds Vējonis, aprobou a norma promulgada previamente polo Parlamento que introduce o ensino paulatino en letón nas escolas das minorías lingüísticas.
Fonte: TASS
A comisaria da Lingua Galesa declara que a aplicación da lei en materia de lingua será difícil para as universidades
A comisaria da Lingua Galesa, Meri Huws, recoñeceu que a lei en materia de lingua será de difícil aplicación nas universidades galesas. De acordo coa nova norma, todos os centros universitarios deben poder ofrecer docencia e materiais en galés nos mesmos niveis que o fan en inglés.
Fonte: BBC
Boletín
Subscríbase ao boletín