Mundo
Un estudo revela que as persoas bilingües poden inhibir o primeiro idioma cando desenvolvan tarefas no segundo
Un estudo da Universidade de California en Riverside revela que as persoas que falan dúas linguas poden inhibir e regular os seus impulsos no seu primeiro idioma cando se enfrontan a tarefas no segundo.
Fonte: Science Daily
Demandan maior uso do gaélico no Condado de Cork
O concelleiro independente Diarmaid Ó Cadhla, do Condado irlandés de Cork, presentou unha proposta para incrementar o uso do gaélico na cámara municipal.
Fonte: Evening Echo
Retiran sinais en lingua kurda das rúas da cidade turca de Diyarbakır
A axencia de noticias Mezopotamya informou de que a administración local da cidade turca de Diyarbakır retirou os sinais informativos bilingües kurdo-turco das rúas da localidade.
Fonte: Ahval News
A cidade de Dublín podería ter un centro para a promoción e a aprendizaxe do gaélico irlandés
De acordo coa nova partida orzamentaria anunciada polo Goberno da República de Irlanda, a cidade de Dublín podería ter un centro especializado na promoción e aprendizaxe da linga gaélica.
Fonte: The Journal
Adiántase o ensino da primeira lingua estranxeira ao primeiro ano de primaria en Finlandia
Desde a primavera de 2020, Finlandia comezará a ofertar o ensino da primeira lingua estranxeira no primeiro ano de primaria.
Fonte: Helsinki Times
Macau acollerá unha comisión sobre a lingua portuguesa
Macau acollerá a subcomisión que abordará temas sobre a lingua portuguesa entre Portugal e a Rexión Administrativa Especial de Macau. Esta decisión demostra, en palabras do presidente do Instituto Camões, que Macau é un "activo indispensable" na promoción da lingua portuguesa no continente asiático.
Fonte: PT Jornal
Unha compañía aérea introduce o uso da lingua hawaiana nos seus voos comerciais
A compañía aérea Hawaiian Airlines introduciu o uso da lingua hawaiana nos anuncios e instrucións orais dos seus voos comerciais.
Fonte: USA Today
O Instituto Portugués de Oriente desenvolve unha iniciativa para fomentar a lectura en portugués
O Instituto Portugués de Oriente de Macau levará cabo unhas xornadas para promover a lectura en lingua portuguesa entre a poboación máis nova.
Fonte: Sapo 24
China lanza un sitio web en chinés e inglés para combater a espionaxe
China acaba de lanzar un sitio web en chinés e inglés para que os cidadáns e estranxeiros que viven no país asiático poidan axudar a combater os casos de espionaxe.
Fonte: The Telegraph
O municipio raiano de Chaves conmemora os 530 anos do primeiro libro impreso en portugués
O municipio portugués de Chaves, limítrofe coas terras de Monterrei en Ourense, conmemorará os 530 anos do primeiro libro publicado en portugués, o Sacramental, publicado en 1488.
Fonte: Notícias de Vila Real
Boletín
Subscríbase ao boletín