Mundo
O presidente de Macedonia volve rexeitar a lei que fortalece a lingua albanesa
O presidente de Macedonia, Gjorge Ivanov, rexeita por segunda vez asinar a lei que amplía o uso oficial da lingua albanesa, ratificada dúas veces polo Parlamento do país balcánico.
O Instituto de Investigación Económica e Social de Irlanda alerta da necesidade de abrir novas escolas de inmersión en gaélico
O Instituto de Investigación Económica e Social da República de Irlanda revelou que a apertura de máis escolas de inmersión en gaélico irlandés axudaría a revitalizar a lingua vernácula.
Fonte: Irish Times
Un escritor estadounidense lamenta que o inglés sexa a única vía de divulgar autores non anglófonos
O escritor estadounidense e biógrafo da célebre escritora brasileira Clarice Lispector declarou no Festival Literario de Madeira que é negativo que a única vía de espallar a obra de autores non anglófonos sexa por medio da tradución cara á lingua inglesa.
Fonte: Correio da Manha
Unha escola de linguas en liña que emprega persoas refuxiadas para as súas clases gaña un importante premio
A escola de linguas en liña Chatterbox recibiu o premio Next Billion Edtech polo seu proxecto innovador que consiste en empregar persoas refuxiadas como docentes.
Fonte: BT
Crean un brazo robótico capaz de falar a lingua de signos
Un grupo de investigación científica da Universidade de Antuerpen crea un brazo robótico que pode traducir conversacións orais á lingua de signos.
Fonte: METRO
O mundo celebra o Día Internacional da Francofonía
Os diferentes países francófonos do mundo celebran o Día Internacional da Francofonía e a Semana da Lingua Francesa con máis de 1500 iniciativas nun total de 70 países.
Fonte: France Diplomatie
Un estudo revela que escoitar linguas estranxeiras mentres durmimos pode axudarnos a aprendelas
Un estudo realizado nas universidades de Múnic e Friburgo revelou que escoitar gravacións en linguas estranxeiras mentres durmimos podería ser beneficioso para a aprendizaxe das mesmas.
Fonte: Independent
Un estudo revela que as linguas dravídicas de Asia teñen unha antigüidade de 4500 anos
Un estudo científico publicado na revista Royal Society Open Science revelou que as linguas dravídicas, faladas na súa maior parte no sur da India, teñen unha antigüidade de 4500 anos.
Fonte: Phys
O presidente de Francia protagoniza unha campaña para fomentar o uso do francés no mundo
O presidente de Francia, Emmanuel Macron, iniciou unha campaña para fomentar o uso do francés en todo o mundo, especialmente en África e no ámbito dixital.
Fonte: The Guardian
Un estudo demostra que existe un vínculo entre as diferentes linguas indíxenas de Australia
Un estudo elaborado nas universidades australianas de Newcastle e Western Sydney demostra que existe unha ligazón entre as diferentes linguas indíxenas de Australia. O resultado desta investigación podería ter implicacións importantes para a historia cultural deste país de Oceanía.
Fonte: The University of Newcastle
Boletín
Subscríbase ao boletín