Mundo
O Goberno de Gales publica unha lista normalizada de topónimos
A oficina da comisaria da Lingua Galesa, Meri Huws, publicou unha lista normalizada de nomes de lugar que deberá pór fin ás dúbidas e disputas sobre a súa escritura.
Fonte: BBC
Indonesia quere que os traballadores estranxeiros dominen o indonesio
O presidente de Indonesia, Joko Widodo, aprobou un decreto que simplificará o proceso para poder traballar no país mais introducirá a obriga de aprender formalmente a lingua indonesia.
Fonte: The Straits Times
Escolas de primaria de Cornualles introducen o ensino da lingua córnica
Actualmente menos de 500 persoas poden falar córnico con fluidez. Co fin de aumentar esta cifra e asegurar a supervivencia da lingua, algunhas escolas de educación primaria de Cornualles introducen o ensino do córnico como parte do seu currículo.
Fonte: ITV
Publícase o primeiro dicionario do idioma zapoteco
Sae á luz o primeiro volume do dicionario do idioma zapoteco que inclúe vocábulos de 62 variantes desta lingua do estado mexicano de Oaxaca.
Fonte: Almomento
A mancomunidade de municipios do País Vasco francés recoñece o éuscaro e o gascón como linguas do seu territorio
A mancomunidade de municipios do País Vasco francés, Euskal Elkargoa, aprobou por maioría absoluta recoñecer, xunto ao francés, o éuscaro e o gascón como linguas do seu territorio.
Fonte: Eitb
O portugués incorpórase ao programa americano de educación como lingua relevante
O Departamento de Educación dos Estados Unidos de América incorporou o portugués como lingua destacada no programa de bolsas de estudo. Esta medida permitirá ampliar o número de estudantes de portugués no sistema de ensino e posibilitar que moitos estadounidenses poidan estudar en Portugal.
Fonte: Sapo 24
Xa están dispoñibles obras en árabe en libros electrónicos de Kindle
Amazon acaba de facer posible que as persoas que falen árabe poidan adquirir obras nesta lingua en soporte Kindle.
Fonte: Engadget
O Goberno de Singapur quere espallar o bo uso do inglés entre a poboación
O Goberno de Singapur quere que os cidadáns do país deixen de falar unha das variedades lingüísticas máis espalladas polo país, o "singlés", un idioma crioulo baseado na lingua inglesa e que se considera de baixo prestixio.
Fonte: Atlas Obscura
A Universidade das Terras Altas de Escocia publica un novo proxecto de promoción da lingua gaélica
A Universidade das Terras Altas e as Illas de Escocia (UHI, polas súas siglas en inglés) acaba de publicar un novo proxecto para a promoción do gaélico escocés. Na súa primeira fase, a institución de educación superior quere que as persoas interesadas dean a súa opinión sobre a iniciativa.
Fonte: The National
Boletín
Subscríbase ao boletín