Mundo
O Brexit fai incrementar o número de persoas interesadas na inmersión en inglés nos Países Baixos
A saída do Reino Unido da Unión Europea incrementou nos últimos tempos o número de estudantes que están interesados en cursar estudos universitarios en inglés en centros de formación neerlandeses. O inglés é tan habitual na instrución universitaria dos Países Baixos que xa hai voces que demandan intervención gobernamental para deter esta tendencia.
Fonte: South China Morning Post
O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal defende o labor do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa
O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal, Augusto Santos Silva, gaba o traballo do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa e defende a uniformación da ortografía para preservar a coherencia da lingua.
Fonte: Jornal de Notícias
A cidade bretoa de Quimper acolle un encontro de investigación internacional sobre o bretón
A cidade de Quimper convértese no punto de encontro internacional da investigación sobre a lingua bretoa ao acoller a cuarta edición da universidade de verán sobre o patrimonio cultural.
Fonte: Le Télégramme
Un importante diario distribuirá gratuitamente o Atlas da Lingua Portuguesa
O diario de tirada nacional portugués Jornal de Notícias distribuirá gratuitamente o Atlas da Língua Portuguesa para conmemorar os 150 anos do xornal.
Fonte: Jornal de Notícias
O Goberno de Gales adía as novas normas que regulan o uso do galés nas empresas privadas
A ministra de Lingua Galesa, Eluned Morgan, informou de que o executivo galés vai adiar de momento a nova norma que regula o uso do galés no ámbito privado.
Fonte: BBC
O Canadá recoñecerá os idiomas autóctonos como "primeiras linguas"
A ministra de Patrimonio do Canadá, Mélanie Joly, declarou que se está a preparar un proxecto de lei que considerará os idiomas autóctonos do país como "primeiras linguas" e non como linguas oficiais.
Fonte: Le Devoir
Unha conferencia analiza a influencia do portugués no mundo
Unha conferencia analiza en Londres a influencia do portugués na música, na lingua e na literatura de países de América do Sur, Asia e África.
Fonte: Diário de Notícias
Un videoxogo está influenciando o modo de falar dos nenos e nenas británicos
A editorial Oxford University Press informou de que o videoxogo Fortnite está influenciando dun modo importante o xeito de falar dos nenos e nenas británicos de idades entre os 5 e os 13 anos.
Fonte: IGN
Unha organización sen ánimo de lucro ensina linguas a persoas anciás para tratar a demencia
A organización sen ánimo de lucro Lingo Flamingo de Glasgow (Escocia) imparte clases de linguas estranxeiras a persoas anciás para tratar o problema da demencia.
Fonte: Glasgow Live
Un estudo revela que unha boa parte das persoas de orixe estranxeira de Estonia non domina a lingua estoniana
A Universidade de Tallin e o Centro Estoniano de Investigación Aplicada elaboraron un estudo que revela que case a metade dos estranxeiros residentes non consegue demostrar un bo dominio falado e escrito en lingua estoniana.
Fonte: ERR
Boletín
Subscríbase ao boletín