Mundo
A Rexión Autónoma de Madeira asina un acordo para potenciar o ensino do francés no arquipélago
A embaixada de Francia en Portugal e o Departamento de Educación da Rexión Autónoma de Madeira asinaron un acordo para reforzar e modernizar o ensino do francés no arquipélago.
Fonte: JM Madeira
O 50 % dos habitantes de Mozambique sabe falar portugués
Segundo os últimos estudos realizados, pouco máis da metade da poboación de Mozambique pode expresarse en portugués e é frecuente que este idioma se empregue mesturado con outras linguas vernáculas.
Fonte: Folha de São Paulo
A Universidade de Lisboa impartirá clases de lingua armenia
A Facultade de Letras da Universidade de Lisboa ofrecerá, por primeira vez no ensino superior de Portugal, un curso de lingua armenia que axudará a estreitar relacións entre o país luso e a nación do Cáucaso.
Fonte: Diário de Notícias
Unha tribo da Amazonia emprega tambores para comunicarse con outros falantes situados a longa distancia
A tribo Bora que vive en zonas selváticas de Colombia e o Perú emprega unha lingua sofisticada baseada en sons de tambores para comunicarse con outros membros da comunidade situados a un máximo de 20 km de distancia.
Fonte: New Scientist
Ucraína e Bulgaria asinan un acordo para que as minorías de fala búlgara poidan aprender a súa lingua
Ucraína e Bulgaria asinaron unha declaración que permitirá que as persoas da minoría búlgara residentes en Ucraína poidan aprender tamén a súa lingua materna no ensino público.
Fonte: UNIAN
Un estudo revela que o exercicio físico pode ser beneficioso para unha boa produción oral
Un estudo científico da Universidade de Birmingham revelou que o exercicio físico regular pode ser beneficioso para a produción oral dunha lingua na terceira idade.
Fonte: News Medical
O portugués será tema de debate nas Nacións Unidas
A lingua portuguesa será tema de debate de varias conferencias que terán lugar en diferentes espazos das Nacións Unidas e que contarán coa participación do secretario xeral da ONU, António Guterres, e a secretaria executiva da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP), Maria do Carmo Silveira, entre outros.
Fonte: Destak
O mundo celebra o Día da Lingua Portuguesa e da Cultura da CPLP
Unhas 180 iniciativas culturais terán lugar en 57 países de todo o mundo para celebrar o Día da Lingua Portuguesa e da Cultura da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).
Fonte: Público
Un estudo científico revela a idade máis recomendable para a aprendizaxe dunha segunda lingua
Un estudo publicado na revista Cognition revelou que os primeiros dez anos de vida son os máis propicios para que as nenas e os nenos poidan conseguir no futuro o mesmo nivel de fluidez que un nativo.
Fonte: Newsweek
Indonesia introducirá a obrigatoriedade de falar indonesio para traballar no país
O Ministerio de Traballo de Indonesia quere reintroducir a norma que obriga as persoas estranxeiras a falaren indonesio para poder traballar no país asiático.
Fonte: The Jakarta Post
Boletín
Subscríbase ao boletín