Mundo
Sacerdotes lusófonos queren que o portugués se converta en lingua oficial no Sínodo dos Bispos
Un grupo de sacerdotes e bispos lusófonos avoga pola oficialización da lingua portuguesa nos sínodos dos bispos no Vaticano.
Fonte: Diário de Notícias
As pequenas empresas de Gales poderán acollerse a un servizo gratuíto para traducir información comercial
O Goberno do País de Gales aprobou unha nova norma que lles permitirá ás empresas de pequeno tamaño acollerse a axudas para traduciren contidos como carteis, menús ou mensaxes en redes sociais.
Fonte: Daily Post
A UE non diminuirá o uso do inglés na súa documentación oficial tras o Brexit
Tal e como se desprende dos orzamentos para o período 2021-2027, a UE non ten a intención de reducir o uso do inglés nas súas reunións e documentación unha vez que o Reino Unido abandone a Unión.
Fonte: The Guardian
Un grupo de expertos opina que o portugués aínda é considerada unha lingua periférica
Un grupo de especialistas do Encontro de Profesores de Lingua Portuguesa, celebrado en Barcelona, estableceu que o portugués aínda é considerado maioritariamente unha lingua periférica alén das fronteiras de Portugal, incluso en países como España.
Fonte: Folha de São Paulo
Demandan que o Goberno de Exipto inclúa o ensino da lingua nubia no currículo oficial
O escritor sudanés Abdel Aal Hemat demandoulles ás autoridades de Exipto que inclúan o ensino da lingua nubia no currículo oficial xa que forma parte do legado histórico das culturas do Sudán e Exipto.
Fonte: Egypt Today
O secretario xeral da ONU subliña a importancia do portugués no mundo
O secretario xeral das Nacións Unidas, António Guterres, prometeu reforzar o portugués como lingua global e loitar contra a uniformidade cultural e lingüística do mundo actual.
Fonte: RTP
Unha escola de Escocia promove o ensino do chinés entre o alumnado de primaria
Unha escola de Aberdeen, en Escocia, creará un centro de ensino de chinés que promoverá a aprendizaxe desta lingua entre os escolares de primaria e que contribuirá a acadar os obxectivos establecidos polo Goberno de Escocia para que todo o alumnado do ensino público poida estudar dúas linguas diferentes ao seu idioma materno antes de 2020.
Fonte: Evening Express
O suahili convértese na primeira lingua africana recoñecida por Twitter
A rede social Twitter recoñeceu o suahili, unha das linguas africanas máis faladas. A partir de agora a plataforma ofrecerá soporte e tradución nesta lingua.
Fonte: CNN
Taiwán quere equiparar o taiwanés ao chinés mandarín
O Goberno de Taiwán está elaborando unha lei que pretende modificar o significado de lingua nacional. Se se aproba a medida, a lingua vernácula da illa de Taiwán pasaría a ter a mesma consideración que o chinés mandarín.
Fonte: Quartz
Un estudo demostra que o movemento inconsciente dos ollos pode revelar o nivel de dominio dunha lingua
Un estudante do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (EUA) revelou nun estudo que o movemento inconsciente dos ollos pode demostrar o nivel de coñecemento dunha lingua estranxeira. Este achado podería axudar a crear probas de coñecemento de linguas máis precisas e personalizadas.
Fonte: New Scientist
Boletín
Subscríbase ao boletín