Mundo
Falantes nativos de tamazight piden que a constitución de Libia recoñeza a súa lingua
A pesar das reivindicacións de moitas persoas e da suposta liberdade que existe hoxe en Libia despois da caída de Muanmmar Gaddafi, o tamazight ou bérber aínda non foi recoñecido oficialmente na constitución do país africano.
Fonte: Aljazeera
Serbia quere introducir o ensino en croata na rexión de Voivodina
O Goberno de Serbia introducirá o ensino en croata nalgúns centros de ensino da cidade de Subotica, na provincia serbia de Voivodina.
Fonte: Total Croatia News
Unha nena saudita inventa un sistema de lectura para as persoas con discapacidade visual
Unha nena de 14 anos de Arabia Saudita inventou un sistema de lectura táctil en lingua árabe para axudar as persoas con discapacidade visual.
Fonte: Al Arabiya
O Xapón rebaixaralles os seus requisitos lingüísticos aos traballadores estranxeiros
Co obxectivo de evitar a escaseza de man de obra nalgúns sectores, o Xapón vai aprobar medidas para rebaixar os requisitos lingüísticos de domino do xaponés para facilitar o acceso de estranxeiros ao mercado de traballo.
Fonte: Nikkei Asian Review
Angola manifestou o seu interese por integrar a Organización Internacional da Francofonía
En visita oficial a Francia, o presidente de Angola, João Lourenço, manifestou o seu interese por integrar a Organización Internacional da Francofonía en calidade de observador ou membro de pleno dereito.
Fonte: RTP
Representantes de Ucraína e Hungría reúnense para debater a lei sobre o ensino das linguas das minorías étnicas
Representantes dos ministerios de Educación de Ucraína e Hungría reuniranse para debater a nova norma do executivo ucraíno que prioriza o ensino da lingua ucraína nas escolas das minorías étnicas.
Fonte: Unian
As previsións demográficas revelan que o maior número de falantes de portugués estará en África
Segundo as estimacións do Observatorio da Lingua Portuguesa e tendo en conta as previsións demográficas actuais, o continente africano acollerá no futuro o maior número de falantes de portugués no mundo en detrimento do Brasil.
Un estudo revela que as persoas con destrezas lingüísticas máis baixas poden desenvolver problemas sociais
Un estudo desenvolvido en Noruega revelou que os problemas de relación social poden ser máis comúns en nenas e nenos con habilidades lingüísticas máis baixas.
Fonte: Science Nordic
Outras linguas comezan a desprazar o inglés dos primeiros postos das listas de música pop nos EUA
O ascenso ao número un das listas de éxitos musicais dunha canción coreana revela unha tendencia crecente en que o inglés xa non é a única lingua das cancións máis populares dos EUA.
Fonte: The Guardian
Luxemburgo desexa obter o estatuto de observador da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa
O xefe de Estado de Cabo Verde, José Carlos Fonseca, informou de que Luxemburgo acaba de solicitar a adhesión á Comunidade de Países de Lingua Portuguesa como observador asociado.
Fonte: Wort.lu
Boletín
Subscríbase ao boletín