Mundo

A República de Irlanda quere que o corpo diplomático mellore os seus coñecementos de linguas estranxeiras

O secretario xeral de Asuntos Exteriores da República de Irlanda, Niall Burgess, declarou que é necesario que o corpo diplomático mellore no coñecemento de linguas estranxeiras co fin de prepararse para a apertura de novas embaixadas en varios continentes.

Fonte: The Irish Times

A feira do libro de Guadalaxara acolle máis de 40 escritores e escritoras lusófonos

A feira do libro de Guadalaxara, México, acolle máis de 40 escritores e escritoras en lingua portuguesa. Algúns nomes destacados son, entre outros, António Lobo Antunes, Mia Couto, Hélia Correia, Germano Almeida ou Manuel Alegre.

Fonte: Observador

A ferramenta de transcrición de voz SpeakSee recoñece máis de 120 linguas, entre elas o galego

SpeakSee é un sistema portátil de micrófonos que transcriben conversas a texto con varios usuarios á vez, o que resulta de grande utilidade para as persoas xordas que poden así participar en conversas en grupo. Unha das súas maiores vantaxes é que recoñece máis de 120 linguas e variantes, entre as que figura o galego.

Fonte: Código Cero

A lingua vernácula da República de Chuvaquia en Rusia está a sufrir un forte proceso de substitución

O idioma do pobo chuvaxo, falado na República de Chuvaquia, está a sufrir un forte proceso de substitución pola lingua rusa, a pesar de ser oficial en todo o territorio autónomo.

Fonte: Nationalia

O Concello de Vancouver utiliza as linguas indíxenas para denominar algúns espazos urbanos

O Concello de Vancouver rebautizou dúas prazas do centro da cidade con nomes orixinarios das linguas halkomelem e squamish, faladas polos pobos autóctonos da rexión onde se asenta esta cidade canadense.

Fonte: City of Vancouver

O portugués afiánzase como lingua estratéxica no ensino francés

Grazas a un convenio asinado polos gobernos de Francia e Portugal, o portugués estase afianzando como lingua estratéxica no sistema educativo da República francesa.

Fonte: Bom dia

O estado de Pernambuco participa nun programa de intercambio para o ensino de linguas estranxeiras

A Secretaría de Educación do Estado de Pernambuco (Brasil) participa no programa de intercambio de lingua española e alemá "Ganhe o Mundo" dirixido a alumnado de ensino medio.

Fonte: Destak

Un estudo revela que mesturar varias linguas durante o proceso de adquisición bilingüe é positivo

Un estudo científico sobre o ámbito das linguas revela que é normal que as nenas e os nenos educados en varios idiomas os mesturen nos primeiros anos da adquisición lingüística.

Fonte: The Conversation

Luanda acolle unha exposición itinerante do Museo da Lingua Portuguesa

A cidade angolana de Luanda acolle unha exposición do Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo que pretende mostrar a historia e a diversidade desta lingua no mundo.

Fonte: Notícias ao Minuto

O presidente de Cabo Verde quere promover o valor internacional da lingua portuguesa

O presidente da República de Cabo Verde, Jorge Carlos Fonseca, defendeu a promoción do portugués a nivel internacional e apostou polo seu potencial social, económico e humano.

Fonte: Jornal de Notícias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder