Mundo
Unha asociación demanda varias universidades dos Países Baixos por ofrecer cursos exclusivamente en inglés
A asociación neerlandesa Beter Onderwijs Nederland (BON) quere presentar unha demanda a varias institucións públicas de ensino pola crecente impartición de cursos en inglés nos Países Baixos.
Fonte: NL Times
Unha investigación revela que o estudo precoz das linguas afecta positivamente ao rendemento académico xeral
Un estudo realizado na Universidade de Washington (EUA) revelou que as habilidades de natureza lingüística como a sintaxe e o vocabulario poden axudar a obter un bo rendemento académico no resto de materias do currículo.
Fonte: Futurity
Increméntase o interese dos estadounidenses pola aprendizaxe da lingua chinesa
A décimo primeira edición da Conferencia da Lingua Chinesa nos EUA, celebrada na cidade de Salt Lake City, chegou á súa fin cunha conclusión clara: o interese por aprender o chinés entre os estadounidenses é cada vez maior e vese obstaculizado pola escaseza de profesionais que poidan ensinalo.
Fonte: Xinhua
China condena un cidadán por promover a lingua tibetana
O Goberno de China condenou o activista tibetano Tashi Wangchuk a cinco anos de cadea por promover pacificamente o uso da lingua tibetana.
Fonte: Human Rights Watch
A República de Irlanda prevé a realización dunha proba de lingua ás persoas que aspiren a ter a nacionalidade irlandesa
Oficiais do Ministerio de Xustiza da República de Irlanda declararon que se está considerando a introdución dunha proba de lingua para todas aquelas persoas que queiran obter a nacionalidade irlandesa.
Fonte: Irish Examiner
Lisboa podería acoller unha conferencia internacional dedicada á lingua e á literatura portuguesas
O Concello de Lisboa debaterá unha proposta do Partido Comunista para organizar un festival internacional dedicado á lingua e á literatura portuguesas.
Fonte: Sapo 24
O escritor caboverdiano Germano Almeida recibe o Premio Camões 2018
O escritor caboverdiano Germano Almeida recibiu o máis prestixioso premio literario en lingua portuguesa, o Premio Camões.
Fonte: Maisfutebol
Escolas públicas do Río de Xaneiro incorporan o ensino da lingua alemá
Un total de 3 escolas da cidade do Río de Xaneiro incorporou clases de alemán no marco dun proxecto que tenta promover a educación bilingüe portugués-alemán no ámbito local.
Fonte: Terra
O presidente de Francia apoia unha ruandesa para dirixir a Organización Internacional da Francofonía
O presidente de Francia, Emmanuel Macron, declarou que apoiará a candidatura da ministra de Asuntos Exteriores de Ruanda, Louise Mushikiwabo, para a presidencia da Organización Internacional da Francofonía.
Fonte: France 24
Sobe o número de estudantes internacionais de inglés na República de Irlanda
De acordo con datos da asociación de escolas e centros de ensino de inglés en Irlanda (Marketing English in Ireland), no ano 2017, houbo un incremento do 8 % no número de estudantes internacionais que deciden estudar esta lingua no país celta.
Fonte: Irish Tech News
Boletín
Subscríbase ao boletín